A Terra por dentro. Teorema de Pitágoras. Semellanza
3. Resumo de contidos
A xeosfera
- É a parte sólida da Terra, formada por capas concéntricas que son:
– Segundo a composición dos materiais: a codia, o manto e o núcleo.
– Segundo o comportamento dinámico: litosfera, astenosfera, mesosfera e endosfera.
- Os métodos máis importantes para a estudar son indirectos, como volcáns e terremotos
Enerxía interna do planeta
- O noso planeta posúe unha enerxía interna que se amosa en forma de calor, denominada enerxía xeotérmica.
- A alta temperatura do interior terrestre fai que os materiais do seu interior se fundan e se transformen en magma.
- En ocasións o magma sae por fendas na codia terrestre e forma volcáns.
- Os terremotos son unha manifestación da enerxía interna da Terra. Están causados pola fractura e desprazamento de grandes masas rochosas.
Placas litosféricas
- A codia terrestre está dividida en partes chamadas placas litosféricas que se moven sobre a astenosfera, que é unha parte do manto.
- Volcáns e terremotos prodúcense sobre todo en zonas de contacto das placas litosféricas. Estas fracturas litosféricas permiten liberar doadamente a enerxía interna terrestre.
Deriva continental
- É unha teoría presentada polo científico alemán Alfred Wegener, que dicía que os continentes actuais estiveron unidos hai 200 millóns de anos, que se moven, e que no futuro non terán a situación actual. Para o xustificar, Wegener achegou probas xeográficas, climáticas, biolóxicas e paleontolóxicas.
Expansión do fondo oceánico
- Esta teoría explica que no fondo dos océanos hai cordilleiras submarinas, as dorsais oceánicas, formadas por cadeas de volcáns polas que sae o magma, que ao solidificarse produce o crecemento dos océanos e a separación das costas continentais
Tectónica de placas
- A deriva continental, a teoría da expansión do fondo oceánico, xunto co vulcanismo, os terremotos e a formación das montañas e illas constitúe o modelo actual para explicar a forma e funcionamento da litosfera. Este modelo recibe o nome de tectónica de placas.
- As placas litosféricas, no seu movemento, chocan, sepáranse ou simplemente friccionan, o que dá lugar á formación e á destrución de litosfera. As manifestacións máis evidentes desta actividade son os volcáns, os terremotos e a formación de montañas e cadeas de illas.
Rochas e minerais
- Os minerais son substancias puras de composición constante que constitúen o noso planeta. Nalgúns casos estes minerais aparecen agrupados para dar lugar a ás rochas.
- Dependendo da súa orixe as rochas poden ser destes tres tipos.
– Magmáticas: resultado da solidificación dos magmas, lentamente no interior da Terra ou rapidamente despois de saír ao exterior polos volcáns.
– Metamórficas: fórmanse cando outras rochas se ven sometidas ás elevadas presións e temperaturas que hai no interior do planeta.
– Sedimentarias: resultado da destrución e posterior compactación e cementación doutras rochas.
- As rochas máis abundantes en Galicia son o granito (magmática) e a lousa (metamórfica).
Teorema de Pitágoras
![]() |
|
Semellanza
- Dúas figuras son semellantes cando teñen lados proporcionais e ángulos iguais.
- O teorema de Tales é unha xeneralización das condicións de proporcionalidade de triángulos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

