2.4.1 Volcáns
Son fendas na codia terrestre pola que saen mesturas de materiais fundidos que denominamos magma. A saída de materiais ao exterior denomínase erupción. Os volcáns poden pasar por períodos longos de inactividade e, nun momento determinado, volverse activos. Nunha erupción volcánica expúlsanse ao exterior produtos volcánicos moi variados:
-
Produtos volcánicos
Sólidos
Líquidos
Gases
-
Bombas volcánicas: grandes anacos de lava solidificada que poden pesar máis dunha tonelada.
-
Lapilli: pequenos anacos de lava.
-
Cinzas: partículas moi finas que son lanzadas a grande altura.
-
Lava: materiais fundidos a temperaturas superiores a 1.000º C, semellantes ao magma do cal proceden pero sen apenas gases.
-
Vapor de auga, dióxido de carbono, dióxido de xofre, sulfuro de hidróxeno, nitróxeno, etc.
-
Partes dun volcán
- Cámara magmática: zonas achegadas á superficie onde se acumulan os materiais que ascenden desde o manto.
- Cheminea: fendas da codia a través das que sae ao exterior o magma.
- Cono volcánico: elevación formada pola acumulación do magma no exterior.
- Cráter: orificios polos que o magma emerxe ao exterior
[http://www.andaluciainvestiga.com/espanol/cienciaAnimada/sites/volcanes.swf]
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
