Saltar navegación

2.3.2 Expansión do fondo oceánico

O desenvolvemento tecnolóxico durante a segunda metade do século XX, en especial do sonar, que permitiu afondar no coñecemento dos fondos oceánicos, desembocou na formulación da teoría da expansión do fondo oceánico.

No fondo dos océanos existen cordilleiras submarinas chamadas dorsais oceánicas de ata 3.000 m de altitude. A orixe destas dorsais débese á presenza de materiais quentes que ascenden desde o manto, que provocan a elevación da codia oceánica.

Ao saíren estes materiais ao exterior, solidifícanse co contacto coa auga mariña fría, e únense á codia oceánica existente. Así xérase nestes lugares nova codia oceánica a ambos os lados da dorsal, ao tempo que separan as dúas placas en contacto, o que favorece a expansión do fondo oceánico e a separación dos continentes a ambos os lados do océano.

Por Consejería de Educación, Cultura y Deporte Andaluza en Agrega .
Baixo licencia CC- BY-NC-SA 4.0

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0