4.1 Actividades de ciencias da natureza
S34. Arrastre e complete o seguinte debuxo sobre as capas da Terra segundo os dous modelos que existen para explicar a estrutura do interior terrestre.
(Orixe: http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/1ESO/corteza)
S35.
O núcleo interno está sometido a altas presións que fan que os seus materiais a pesar das altas temperaturas estean en estado sólido.
S36. Complete as seguintes frases con estes termos, relacionados coas correntes de convección: quentes/fríos - máis densos/menos densos - ascender/descender.
S37. Como se forman as dorsais oceánicas.
S38. Por que se expande continuamente o fondo oceánico que separa os continentes?
S39. Cal é a causa da formación das cordilleiras e arcos illas?
S40. Cal é a causa dos terremotos?
S41. Complete o cadro referido ás características dos bordos das placas litosféricas.
S42. Que diferenza existe entre o granito e o basalto respecto ás condicións en que se formaron? Polo tanto, que tipos de rochas magmáticas existen?
S43. Un aumento de temperatura pode orixinar rochas tanto metamórficas como magmáticas. De que depende que se forme un tipo ou outro de rocha?
S44.A codia oceánica é máis densa que a continental; como inflúe este factor cando choca unha placa litosférica oceánica con unha continental?
S45. Por que no texto dicimos que a teoría de Wegener foi revolucionaria
S46. Fotocopie e recorte os mapas dos continentes e das placas litosféricas. Procure información sobre volcáns e terremotos e marque a súa situación no mapa dos continentes, marque tamén algunhas cordilleiras importantes, como o Himalaia e os Andes. Poña un enriba do outro e olle a contraluz. Fíxese en onde se atopan os volcáns, os terremotos, as cordilleiras e a cadea de illas que existe na costa do Pacífico de Asia. Que pode deducir da súa observación?
S47. Por que non existe vulcanismo na cordilleira do Himalaia e si nos Andes.
S48. Busque información sobre as coadas de barro das erupcións volcánicas e as nubes de gas e cinzas. Que pensa respecto dos riscos de todos os materiais liberados por un volcán?
S49. Indique o choque de que placas orixinou a cordilleira do Himalaia. E os Andes?
S50. Observe a península Ibérica nun mapa de placas litosféricas. Que zona está máis preto dun bordo de placa? Que zona, xa que logo, ten maior risco sísmico? Se continuara o choque entre a placa Euroasiática e Africana, que estrutura xeolóxica se formaría no estreito de Xibraltar?
S51.Lea atentamente o texto sobre os tsunamis e conteste ás preguntas:
-
Cando un terremoto ten o seu epicentro no océano, o tremor orixina unha importante axitación na auga e provoca a formación de ondas xigantescas. Estas ondas prodúcense con frecuencia no océano Pacífico e afectan moitas veces a Xapón, e por iso reciben o nome xaponés de tsunami.
O levantamento e afundimento do fondo oceánico provoca a formación de pequenas ondas que ao chegaren á costa se amplifican e chegan aos 30 m de altura, e que se poden mover cunha velocidade de 800 km/h.
-
- Que é un tsunami?
- Que o provoca?
- De onde procede o nome?
- Que altura chegan a alcanzar?
- Con que velocidade se moven?
S52. É certo que América está cada vez máis lonxe de Europa
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

