2.7 Teorema de Pitágoras
O teorema de Pitágoras establece una relación entre certos tipos de triángulos e os seus lados. Este tipo de triángulos chámase rectángulo, por medir un dos seus ángulos 90º, o que significa que é un ángulo recto.
Antes de enunciar este teorema imos lembrar os tipos de triángulos que existen segundo sexan os seus lados e os seus ángulos.
|
Clasificación segundo os seus lados |
||
|
Tres lados iguais |
|
|
Dous os lados iguais. |
|
|
Tres lados desiguais. |
![]() |
|
Clasificación segundo os seus ángulos |
||
|
Ten todos os seus ángulos menores a 90° |
![]() |
|
Ten un ángulo recto, mide 90° |
![]() |
|
Ten un ángulo maior de 90° |
![]() |
Nun triángulo rectángulo o lado de maior lonxitude chámase hipotenusa, e os outros dous, de menor lonxitude e perpendiculares entre si, catetos.
Lembre que en calquera triángulo, a suma das medidas dos tres ángulos vale 180º. Polo tanto, en calquera triángulo rectángulo, a suma dos dous ángulos agudos é 90º.
Pitágoras foi un filósofo e matemático grego que viviu cara ao ano 500 antes de Cristo. El e os seus discípulos demostraron a relación entre os catetos e a hipotenusa dun triángulo rectángulo. É dicir:
Nun triángulo rectángulo, o cadrado da hipotenusa é igual a suma dos cadrados dos catetos.
Hipotenusa = a catetos = b, c
![]() |
![]() |
Para vermos que é certo, e sempre nun triángulo rectángulo, analizamos este curioso quebracabezas:
Observe que os dous cadrados grandes son iguais. Se a cada un deles lle suprimimos catro triángulos iguais de lados a, b e c, queda a2 no primeiro, b2 + c2 no segundo. Daquela, ha ser a2 = b2 + c2
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0






