Saltar navegación

4.3 Exercicios de autoavaliación

 

Pregunta

1. O estudo da xeosfera realízase...

Respostas

Enviando naves con aparellos de medida especiais.

Por medio dos produtos que saen polos volcáns.

Estudando as ondas que producen os terremotos.

Perforando a Terra ata o seu centro.

Retroalimentación

Pregunta

2. A codia é...

Respostas

A parte máis externa da xeosfera, chega a 2.900 km de profundidade.

A parte intermedia da xeosfera, formada por compostos de osíxeno e silicio.

A parte máis interna da xeosfera e está formada por ferro e níquel.

A parte máis externa da xeosfera e alcanza unha profundidade media de 30 km.

Retroalimentación

Pregunta

3. Sinale, de entre as seguintes, as frases que considere correctas:

Respostas

A calor interna da Terra débese á enerxía acumulada no proceso de formación do planeta e á presenza de elementos radioactivos.

O núcleo terrestre atópase a unha temperatura de 1.000.000 ºC.

O magma está constituído por rochas fundidas.

A astenosfera é unha parte da litosfera.

Retroalimentación

Pregunta

4. Sinale as frases correctas...

Respostas

As placas litosféricas desprázanse sobre o núcleo empurradas pola enerxía interna da Terra.

Os volcáns e os terremotos prodúcense en lugares concretos da superficie terrestre. Non hai volcáns en moitos puntos da Terra e, pola contra, noutros son abundantes.

Galicia é unha zona en que abundan os volcáns.

As zonas en que abundan os volcáns e aquelas en que se producen os terremotos son as mesmas.

Retroalimentación

Pregunta

5. Placas diverxentes son as que...

Respostas

...que se están achegando.

...que se están arredando.

...que chocan.

...que non se moven.

Retroalimentación

Pregunta

6. As montañas fórmanse...

Respostas

Por acumulación de materiais que vai transportando o vento.

Polo choque de dúas placas continentais.

Cando unha placa oceánica se mete por debaixo dunha placa continental.

Cando no núcleo terrestre se produce unha grande explosión.

Retroalimentación

Pregunta

7. Cales das seguintes afirmacións son correctas?

Respostas

Unha falla é unha dobra no terreo producida por un terremoto.

Unha falla é unha fractura no terreo que se produce cando as forzas que actúan sobre as rochas superan o seu límite de plasticidade.

As rochas metamórficas fórmanse na superficie terrestre.

As rochas magmáticas fórmanse a partir dos magmas.

Retroalimentación

Pregunta

8. Exemplos de rochas magmáticas son...

Respostas

O granito.

O basalto.

A lousa.

O lignito.

Retroalimentación

Pregunta

9.Exemplos de rochas metamórficas son...

Respostas

Os xistos.

A lousa.

As arxilas.

O granito.

Retroalimentación

Pregunta

10. Complete as frases seguintes:

Respostas

As rochas _________ son resultado dun arrefriamento rápido dos magmas.

As rochas _________ son o resultado dun arrefriamento lento dos magmas.

As rochas _________ fórmanse por efecto da presión e/ou da temperatura.

As rochas _________ son as que se forman no interior da Terra.

Retroalimentación

Pregunta

11. En Galicia...

Respostas

Abundan as rochas volcánicas.

Non existen rochas volcánicas.

A zona oriental é granítica.

A zona occidental é granítica.

Retroalimentación

Pregunta

12. Dous triángulos son semellantes cando...

Respostas

Teñen un lado proporcional.

Teñen dous lados proporcionais e igual o ángulo entre eles.

Teñen dous ángulos iguais.

Teñen dous lados proporcionais.

Retroalimentación

Pregunta

13. A hipotenusa é:

Respostas

O lado do triángulo rectángulo oposto ao ángulo recto.

O lado de menor lonxitude dun triángulo rectángulo.

A suma dos catetos.

O lado de maior lonxitude dun triángulo obtusángulo.

Retroalimentación

Pregunta

14. Marque a medida da hipotenusa dun triángulo rectángulo de catetos 10 cm e 24 cm.

Respostas

26 cm.

24 cm.

25 cm.

21,8 cm.

Retroalimentación

Pregunta

15. Dous triángulos son semellantes cando...

Respostas

Teñen un lado proporcional.

Teñen dous lados proporcionais e igual o ángulo entre eles.

Teñen dous ángulos iguais.

Teñen dous lados proporcionais.

Retroalimentación

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0