A Terra por dentro. Teorema de Pitágoras. Semellanza
2.5.1 Magmatismo
No interior da Terra, onde se dan as condicións necesarias de presión e temperatura, as rochas fúndense e forman o magma. Cando este sobe á superficie en condicións de menor presión e temperatura, solidifica. Segundo as condicións podemos distinguir:
-
Rochas magmáticas intrusivas ou plutónicas
O magma arrefría lentamente no interior da codia. Un exemplo é o granito.

-
Rochas magmáticas extrusivas ou volcánicas
Se o magma arrefría rapidamente ao alcanzar o exterior (tanto na superficie terrestre como no fondo dos océanos). Un exemplo é o basalto.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0