A Terra por dentro. Teorema de Pitágoras. Semellanza
1.2 Coñecementos previos
Coñecementos previos
Para afrontar con aproveitamento o estudo deste tema cumprirá manexar os conceptos seguintes:
- Estrutura e distribución actual dos continentes (ámbito social).
- Distribución e situación das principais formacións montañosas e cadeas de illas do noso planeta (ámbito social).
- Transmisión da calor por correntes de convección: unidade 3 do módulo II (ámbito científico-tecnolóxico).
- Densidade, presión e temperatura: unidade 5 do módulo I (ámbito científico-tecnolóxico).
- Proporcionalidade: unidade 2 do módulo II (ámbito científico-tecnolóxico).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0