Saltar navegación

Enerxía térmica ou calorífica

É a enerxía que se intercambia entre dous corpos que están a diferentes temperaturas. Chamámola tamén calor ou enerxía calorífica. A calor sempre pasa espontaneamente do corpo quente (o de máis temperatura) ao frío. Esta forma de enerxía prodúcese en moitas circunstancias:

  • Pode obterse na natureza, como a luz do sol
  • Por combustión de substancias como carbón, madeira ou gasolina.
  • A enerxía eléctrica e a nuclear producen calor.

Actividades propostas:

S12. A que chamamos calor ?

S13. Nomee algunhas substancias que produzan enerxía calorífica ao se queimaren.

S14. Por que se derrete o xeo que pomos nas bebidas?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0