Enerxía potencial gravitacional
Os corpos que están a unha certa altura do chan teñen enerxía potencial gravitacional. Canto maior sexa a altura á que estean maior será a súa enerxía potencial, que é a enerxía acumulada. Por exemplo, a enerxía potencial (acumulada) que teña un saltador no alto onde se sitúe fará que poida deslizarse cara á parte inferior; así ocorre nos saltos dun esquiador ou do que practica skateboard. Cando o saltador se desliza cara á parte inferior de onde estea situado, a súa enerxía potencial (acumulada) vaise transformando en enerxía cinética, xa que vai adquirindo maior velocidade.
Para calcular a enerxía potencial dun corpo utilízase a seguinte expresión (onde "m" é a masa do corpo, "g" o valor da aceleración da gravidade e "h" a altura á que se atopa o corpo respecto ao chan):
Ep = m. g. h
Así, a enerxía potencial dun corpo depende da súa masa e da altura á que estea situado do chan. Canta maior altura e maior masa, maior enerxía potencial.
Actividade proposta
S2. Conteste se é verdadeiro ou falso e razoe a resposta:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
