Saltar navegación

Enerxía eléctrica

É a enerxía debida ao movemento de cargas eléctricas negativas dentro dos materiais condutores, como por exemplo os cables de cobre.

 

 

 

Cargas eléctricas negativas (electróns) circulando por un cable de cobre

Os aparellos que fan moverse as cargas polos condutores chámanse xeradores eléctricos. Unha pila, a batería dun coche, unha dínamo e un alternador son exemplos de xeradores eléctricos.

A enerxía eléctrica é a forma de enerxía máis estendida e indispensable para a vida nas sociedades desenvolvidas, pois grazas a ela poden iluminarse as vivendas, funcionan todos os electrodomésticos, os teléfonos móbiles, os computadores, os motores eléctricos, etc.

 

Actividade proposta

S7. Explique en que tipo de enerxía se transforma a enerxía eléctrica nos seguintes tipos de aparellos:

    • Nun secador de pelo.

    • Nunha lavadora.

    • Nunha lámpada.

    • Nun motor eléctrico.

 

Actividade proposta

S7. Explique en que tipo de enerxía se transforma a enerxía eléctrica nos seguintes tipos de aparellos:

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0