A enerxía. Razón e proporción
2.1 A enerxía e os cambios
A enerxía é o elemento necesario para que se produzan cambios nun corpo e no seu contorno. Debido á enerxía prodúcense cambios na natureza:
- A calor do sol transfórmase en enerxía mecánica cando quenta o aire e orixina os ventos.
- A calor do sol transfórmase en enerxía mecánica ao quentar a auga e iniciar o seu ciclo.
- A luz do sol transfórmase en enerxía química na fotosíntese, para así poder medrar as plantas.
- A luz do sol produce un cambio cando quenta, por exemplo, o interior da casa.
-

Ciclo da auga
Outros cambios prodúcense pola enerxía que se transforma nas máquinas:
- Nun coche a enerxía producida polo combustible permítelle mover as rodas.
- Nunha estufa a enerxía eléctrica permite quentar a estancia.
- Un alternador é unha máquina que transforma a enerxía mecánica en enerxía eléctrica.
- Nun muíño a enerxía do vento transfórmase en enerxía mecánica.
Como temos visto, a enerxía pode ter procedencias diversas e manifestarse de moitos xeitos diferentes; imos ver agora as formas principias de enerxía que coñecemos e que máis adoitamos utilizar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0