1.1 Descrición da unidade didáctica
Comeza a unidade relacionándose o concepto de enerxía coa capacidade de movemento ou transformación; quérese dicir que é necesaria a presenza de enerxía para que se produza movemento e cambios nos corpos ou no seu contorno.
As cousas que nos rodean están a cambiar continuamente, aínda que ás veces non o notemos, debido ás transformacións enerxéticas. Hai moitas formas de enerxía: cinética, potencial, química, eléctrica, luminosa, sonora, calorífica, nuclear... Todas estas formas poden transformarse unhas nas outras, poden almacenarse e poden conservarse.
Cando un ciclista pedalea e move a bicicleta está a empregar a enerxía dos seus músculos para que se transforme en enerxía mecánica e enerxía cinética. A enerxía da gasolina fai que se movan os vehículos e a calorífica fai que os corpos quezan. As máquinas axudan a que se leven a cabo os cambios de enerxía e ao mellor aproveitamento desta enerxía.
Na segunda parte da unidade estudamos as proporcións numéricas e aprendemos a distinguir cando dúas magnitudes son directamente proporcionais, cando inversamente proporcionais e cando non son nin directa nin inversamente proporcionais. Calculamos o termo descoñecido dunha proporción e, por último, resolvemos problemas da vida cotiá por medio da proporcionalidade: regra de tres, reparticións proporcionais, xuros bancarios, etc.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0