Saltar navegación

Enerxía cinética

A enerxía que teñen os corpos por estaren en movemento é a enerxía cinética. Canto maiores son a velocidade do corpo e a súa masa, maior é a enerxía cinética que se asocia a este corpo en movemento.

 Para calcular a enerxía cinética dun corpo hai unha fórmula física, que é a que segue (onde "m" é a masa do corpo e "v" a súa velocidade):

 

Como podemos observar, a enerxía cinética dun corpo calcúlase en función da masa dese corpo e da súa velocidade. Canto maior sexan a masa e a velocidade do corpo, maior será a súa enerxía potencial. Por exemplo, un motociclista que quere saltar un tramo coa súa motocicleta logrará un salto maior canta máis velocidade alcance no tramo anterior ao salto.

Actividade proposta

S1.    Indique en cada apartado cal dos dous corpos ten máis enerxía cinética e explique por que.

    • Un coche de 1.000 kg que se move a 60 km/h e outro de 1.000 kg que se move a 120 km/h.
    • Unha bicicleta e unha moto que levan a mesma velocidade.
    • Unha persoa camiñando e un cabalo correndo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0