Saltar navegación

7. Glosario

A

  • Acuífero

Terreo que contén auga a unha profundidade determinada.

  • Aeroxerador

Aparello que transforma a enerxía cinética do vento en corrente eléctrica.

  • Alternador

Aparello que transforma enerxía cinética de movemento en corrente alterna.

 

B

  • Balote

Pequeno proxectil disparado por algúns tipos de escopetas, por exemplo as de aire comprimido.

 

C

  • Calor

Forma da enerxía que se transmite entre corpos cando están a diferente temperatura.

  • Clorofila

Pigmentos que se atopan nos plastos e que absorbe a enerxía luminosa.

  • Cloroplasto

Orgánulo celular de cor verde que contén clorofila e que realiza a función fotosintética.

  • Combustión

Reacción química en que unha substancia (o combustible) reacciona con outra (comburente, usualmente o osíxeno do aire) oxidándose e desprendendo calor.

  • Condensación

Nunha substancia, paso do estado vapor ao estado líquido, desprendendo calor.

 

D

  • Dínamo

Aparello que transforma enerxía cinética de movemento en corrente eléctrica continua.

  • Dioxinas

Substancias químicas producidas nas combustións dalgúns plásticos, que conteñen halóxenos e son perigosas para a saúde.

 

E

  • Elasticidade

Propiedade dos corpos sólidos consistente en recuperar a súa forma inicial cando deixan de estar sometidos a esforzos.

  • Enerxía

Capacidade que teñen os corpos para producir cambios ou realizar traballo.

  • Enerxía cinética

Forma da enerxía que teñen os corpos debida a estaren en movemento.

  • Enerxía eléctrica

Enerxía asociada as cargas eléctricas

  • Enerxía luminosa

Enerxía asociada as ondas electromagnéticas, nomeadamente as ondas visibles, infravermellas e ultravioletas.

  • Enerxía mecánica

É a suma da enerxía cinética e potencial que ten un corpo.

  • Enerxía nuclear

Enerxía producida nas reaccións nucleares de fusión ou de fisión, nas que os núcleos resultantes teñen menos masa que os iniciais.

  • Enerxía potencial elástica

Forma da enerxía que teñen os corpos elásticos cando están comprimidos, estirados ou flexionados.

  • Enerxía potencial gravitacional

Forma da enerxía que teñen os corpos debido á altura a que están situados.

  • Enerxía química

Enerxía almacenada nos enlaces dos átomos nas substancias.

  • Espontáneo

Un proceso é espontáneo cando ocorre por si só, sen achega externa de enerxía. O proceso contrario chámase forzado.

  • Euribor

Porcentaxe con que se calculan os xuros dos capitais que os bancos se prestan entre si.

  • Evaporación

Paso dun líquido ao estado vapor (gas).

 

G

  • Guindastre

Máquina utilizada para erguer cargas pesadas.

 

 

H

  • Hidrocarburo

Composto derivado do petróleo que está formado exclusivamente por átomos de carbono e hidróxeno.

 

I

  • Incandescente

Corpo que se quenta ata pórse branco ou vermello.

  • Infravermello

Ondas electromagnéticas de frecuencia menor que a da luz visible.

  • Ión

Átomo ou molécula que gañou ou perdeu electróns. Hai ións positivos (catións) e negativos (anións).

  • IPC

Índice de prezos ao consumo. É a porcentaxe en que soben ou baixan os prezos dos artigos de consumo ou servizos nun período de tempo.

  • Isótopo

Átomo que ten igual número de protóns e diferente número de neutróns; corresponden ao mesmo elemento químico.

 

J

  • Joule (J)

É a unidade do Sistema Internacional para o traballo, a calor e a enerxía.

 

M

  • Meteorito

Corpo sólido celeste, xeralmente sólido, que entra na atmosfera terrestre.

  • Molécula

Grupo de varios átomos unidos mediante enlaces de tipo covalente.

 

O

  • Onda electromagnética

Asociación dun campo magnético e un campo eléctrico oscilantes, que se propagan coa velocidade da luz e que transportan enerxía.

  • Oxidación

Reacción química en que unha substancia gaña átomos de osíxeno. Exemplo de oxidación: Fe + ½ O2 FeO

 

P

  • Pila Daniell

Tipo de pila eléctrica que emprega cobre e cinc.

  • Pila de hidróxeno

Tipo de pila que xera electricidade a partir da reacción química entre o hidróxeno (H2) e o osíxeno (O2), producindo auga como residuo.

 

R

  • Reacción química

Proceso en que unhas substancias (reactivos) se transforman en outras distintas (produtos).

 

T

  • Taxa

Porcentaxe ou prezo fixado dalgunha cousa ou servizo.

  • Tep

Tonelada equivalente de petróleo”. Equivale, en valor medio, a 41 868 000 000 joules ou 11 630 kWh.

  • Turbina

Aparello que converte a enerxía cinética dun fluído (líquido ou gas) en enerxía mecánica mediante pas xiratorias. Úsase para accionar dínamos ou alternadores na produción de electricidade.

 

U

  • Ultravioleta

Ondas electromagnéticas de frecuencia maior que a da luz visible.

 

V

  • Watt (W)

Unidade do SI para a potencia; 1 W = 1 J/1 s: o watt é igual ao traballo dun joule feito nun segundo.

  • Viscoso

Fluído (líquido ou vapor) que ten viscosidade. A viscosidade é a dificultade que presentan os fluídos para se mover.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0