5.1 Actividades de reforzo [ciencia da natureza]
Actividades de reforzo
S26. Imaxine que ten un bloque de plastilina enriba dunha mesa. Razoe en cada caso cal será o corpo que fai un burato máis grande na plastilina; deduza entón cal deles é o que tiña máis enerxía potencial gravitacional
|
S27. Razoe cal dos dous corpos ten máis enerxía.
S28. Que tipo de enerxía utiliza unha calculadora? E unha torradora de pan?
S29. Un abrigo de roupa, dá calor?
S30. Hai lume no Sol? A enerxía que nos chega do Sol, vai durar sempre ou acabará?
S31. Relacionar cada tipo de enerxía da columna da esquerda coa súa orixe colocando a letra adecuada na cuadrícula baleira da columna dereita:
S32. Que tipos de enerxías están involucradas en cada un dos cambios seguintes?
-
Un porteiro de fútbol fai o saque de porta.
-
Asamos carne no forno.
-
Derretemos pedriñas de xeo.
-
Acendemos unha lámpada.
-
Deixamos caer unha pedra.
S33. Unha escaladora sobe por unha parede rochosa traballando cos seus músculos. Que tipos de enerxías están presentes nesta actividade?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
