A enerxía. Razón e proporción
1.3 Obxectivos
Obxectivos
- Recoñecer o concepto de enerxía e a súa relación cos cambios.
- Comprender e identificar a intervención da enerxía en situacións cotiás como movementos, deformacións, variacións da temperatura, cambios de estado, etc.
- Identificar transformacións dunhas enerxías noutras e a súa utilidade.
- Coñecer as unidades en que se mide a enerxía.
- Recoñecer algunhas propiedades comúns a todos os tipos de enerxía.
- Identificar magnitudes directamente proporcionais, inversamente proporcionais e non proporcionais.
- Identificar a razón e a constante de proporcionalidade.
- Saber calcular o termo descoñecido dunha proporción numérica.
- Resolver problemas da vida cotiá por medio da proporcionalidade: regra de tres directa e inversa, reparticións proporcionais, xuros bancarios, etc
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0