Enerxía potencial elástica
Un arco en tensión, un resorte, unha goma elástica, posúen enerxía potencial elástica, que é a enerxía acumulada naqueles corpos que teñen a capacidade de recuperar a súa forma cando deixamos de facer forza sobre eles. Mentres estes corpos están deformados teñen acumulada unha enerxía potencial elástica; proba diso é que poden lanzar obxectos, absorber golpes e despois recuperar a súa situación inicial. Esta enerxía potencial elástica é maior canto maior é a lonxitude en que se comprime ou estira o corpo.
![]() |
|
![]() |
Actividades proposta
S3. Cal é o “mecanismo” que dispara os balotes nunha escopeta? É unha forma de enerxía potencial?
S4. Responda “pouco” ou “moito” ás seguintes cuestións, e logo razoe as respostas:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

