Saltar navegación

Enerxía química

As substancias poden reaccionar quimicamente e transformarse noutras substancias nun proceso que se chama reacción química, na que se absorbe ou se desprende enerxía. Por exemplo cando prendemos lume nunha candea ou nun misto prodúcese unha reacción de combustión, na que o combustible (fósforo ou mecha, por exemplo) se combina co oxíxeno do aire e se desprende enerxía en forma de luz e calor. Outro exemplo é o da combustión da gasolina no motor dun coche (enerxía química), que fai que o coche se mova e teña enerxía cinética.

As pilas que utilizamos acotío en moitos aparellos funcionan debido a unha reacción química que produce enerxía eléctrica; o mesmo ocorre coa batería dos coches (que funciona como unha pila).

     

Actividades propostas

S5. Que tipo de enerxía teñen no seu interior as baterías

S6. Que tipo de enerxía se utiliza para que funcione unha radio sen conectala á rede eléctrica? Por que?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0