A enerxía. Razón e proporción
4 Resumo de contidos
Enerxía
- É a capacidade que teñen os corpos para produciren cambios ou para faceren un traballo. Mídese en joules (símbolo J) ou en calorías.
Formas da enerxía
- Cinética: a que teñen os corpos que se moven.
- Potencial gravitacional: a que ten un corpo por estar situado a unha certa altura.
- Potencial elástica: a que ten un corpo cando está estirado, comprimido ou flexionado.
- Química: contida nos enlaces entre os átomos.
- Eléctrica: asociada ao movemento das cargas eléctricas.
- Radiante: a que transportan as ondas electromagnéticas, como a luz.
- Calor: a que pasa dun corpo quente a un frío ou viceversa.
- Nuclear: a que se libera nas reaccións entre os núcleos dos átomos (fusión ou fisión).
- Sonora: asociada ao movemento das ondas sonoras a través das substancias.
Propiedades da enerxía
- Pódese almacenar ou gardar para logo ser utilizada segundo as necesidades.
- Transfórmase duns tipos a outros.
- Consérvase. A enerxía non aparece nin desaparece. A cantidade de enerxía inicial nun sistema e igual á cantidade de enerxía final despois das transformacións que teñan lugar.
Razón e proporción
- A razón de dous números é o seu cociente
. - Unha proporción é una igualdade de dúas razóns
=
, e lese "a é a b como c é a d". - En toda proporción, o produto de medios é igual ao produto de extremos.
- Nunha proporción, sempre, a razón entre a suma dos antecedentes e a suma dos consecuentes é igual a unha calquera das razóns:
![]()
- Cálculo dun termo descoñecido da proporción:
=
; a·x = b·c ; x =
- Dúas magnitudes son directamente proporcionais se ao multiplicar (ou dividir) unha delas por un número a outra queda multiplicada (ou dividida) por ese mesmo número.
- A constante de proporcionalidade directa é o valor que se obtén ao dividir calquera valor da segunda magnitude entre o correspondente da primeira.
- Dúas magnitudes son inversamente proporcionais se un aumento ou unha diminución nunha das magnitudes determina unha diminución ou un aumento proporcional na outra.
- O produto das cantidades dunha magnitude polas correspondentes da outra é unha constante coñecida como constante de proporcionalidade inversa,¡
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0