Saltar navegación

Enerxía sonora

A enerxía sonora ou acústica é a enerxía transportada polas ondas sonoras, que necesitan un medio para se propagar, de xeito diferente á luz e demais ondas electromagnéticas, que poden viaxar no baleiro. Vexamos uns exemplos:

  • Ao falarmos ou cantarmos, as nosas cordas vocais vibran e emiten sons en forma de ondas sonoras.
  • As ondas sonoras producidas nun estoupido grande teñen enerxía suficientes para romper vidros e obxectos.
  • Os altofalantes transforman a enerxía eléctrica en enerxía sonora.

 

 

   

 

Actividades propostas

S18. Como se despraza o son?

S19. Poña algún exemplo de como se manifesta a enerxía do son.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0