Que é o diario de aprendizaxe?

O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.
Lectura facilitada
O diario de aprendizaxe é un lugar para recoller experiencias.
Nel poderás falar de como foi a aprendizaxe neste reto.
Usándoo mellorarás a túa autonomía
e tamén mellorarás a túa capacidade para reflexionar.
Deberás cubrilo seguindo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora.
O diario de aprendizaxe é individual.
Serve para ir valorando o teu progreso no reto.
Pero tamén hai actividades para facer en grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte.
Tamén che servirá para compartir información cos teus compañeiros e compañeiras.
E axudarache a conseguir o reto proposto.