Recuncamos?
E agora chegou o momento de que comprobedes o que aprendestes.
Estivemos vendo como traballar en grupo e tamén a necesidade de que comprendades ben os textos que ledes.
Xa sabedes cales son as partes do boletín e cales son os pasos para elaboralo. Toda unha receita máxica!
Ademais vistes a mellor maneira de construír uns textos de calidade mediante os elementos de cohesión.
Así mesmo, puidestes saber como mellorar os escritos mediante o uso de dicionarios e manuais.
Estádelo facendo xenial!
Lectura facilitada
Chegou o momento de comprobar o que aprendestes.
Estivemos vendo como traballar en grupo.
Tamén vimos que é importante comprender ben os textos.
Xa sabedes cales son as partes do boletín.
Tamén sabedes cales son os pasos para elaboralo.
Vistes como construír textos de calidade.
Esa calidade conséguese cos elementos de cohesión.
E puidestes saber como mellorar os escritos grazas aos dicionarios.
Estádelo facendo xenial!
Nesta aventura é moi importante o traballo en grupo.
Lembras que estivemos vendo as partes do boletín?
Nesta tarefa de grupo ides explorar varios boletíns da contorna.
Lembrades como se artellaban os textos mediante os mecanismos de cohesión?
Xa vimos o importante que é ter un recanto de lectura.
Lémbraste dos rexistros lingüísticos?
Agora coñeces un pouco máis onde buscar a información.