| Na participación e colaboración | Todos os membros do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras persoas. (2) | Todos os membros do equipo participamos activamente, pero non axudamos a outras persoas porque nos centramos no noso traballo. (1.5) | A metade dos membros do equipo participaron activamente. (1) | Só traballou un membro do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (0.5) |
|---|
| O clima de traballo | Foi motivador e respectuoso, sen conflitos dentro do grupo. (2) | Foi agradable, aínda que existiron pequenos conflitos que se resolveron inmediatamente. (1.5) | Foi pouco motivador porque houbo conflitos frecuentes que afectaban ao traballo e que se resolveron con axuda. (1) | Foi conflitivo porque houbo moitos problemas que afectaron ao traballo. (0.5) |
|---|
| Na elaboración do boletín | Todas as persoas achegamos ideas para as seccións (recensións, recomendacións, textos…) e respectamos as opinións. (2) | Todas participamos, pero non sempre se argumentaron as decisións. (1.5) | Só parte do equipo achegou ideas para o boletín. (1) | Só unha persoa decidiu os contidos e o resto non participou. (0.5) |
|---|
| Na revisión e mellora dos textos | Revisamos todos os textos en equipo e axudámonos a melloralos. (2) | Revisamos os textos, pero non todos participamos igual. (1.5) | A revisión foi limitada ou só de parte do equipo. (1) | Non revisamos os textos antes de entregalos. (0.5) |
|---|
| Na organización do traballo | Organizámonos moi ben, repartindo tarefas de forma equilibrada e cumprindo os tempos. (2) | Organizámonos correctamente, aínda que con algún pequeno desaxuste. (1.5) | Tivemos dificultades para organizarnos e repartir tarefas. (1) | Non houbo organización e o traballo fíxose sen planificación. (0.5) |
|---|