Glosario
Honestidade

-
Definición:
-
A honestidade é unha calidade humana que se basea en non enganar nin aproveitarse de ninguén nin co que se fai nin co que se di.
-
Exemplo:
-
É unha persoa honesta, sempre di as cousas claras para non enganar a ninguén.
Obxectividade

-
Definición:
-
Maneira de informar contando os feitos tal e como ocorreron, sen opinións persoais nin valoracións.
-
Exemplo:
-
"O concerto comezou ás oito da tarde e asistiron 200 persoas" é unha frase obxectiva porque só ofrece datos, sen expresar opinións.
Opinión

-
Definición:
-
A opinión é o que se cre ou se pensa sobre un feito, unha cousa ou unha persoa.
-
Exemplo:
-
Cando lemos, oímos ou lemos noticias é moi importante distinguir a información das opinións.
Subxectividade

-
Definición:
-
Maneira de informar na que, ao mesmo tempo que se informa, tamén se dan opinións persoais e se fan valoracións sobre os feitos que aconteceron.
-
Exemplo:
-
"O concerto comezou ás oito da tarde e asistiron só 50 persoas, porque os músicos eran malísimos!" é unha frase subxectiva porque ofrece datos e tamén expresa unha opinión.
Xa ves que empezamos cunha pregunta.