Saltar navegación

2. Radiografía dunha noticia

 

Glosario

Actualidade

Pictograma dunhas máscaras de teatro

Definición:

Conxunto de feitos ou acontecementos que están ocorrendo agora ou que sucederon hai pouco tempo e que son importantes para a sociedade.

Exemplo:

O festival solidario que se celebra esta semana no instituto é un tema de actualidade.

Información

Pictograma con unha persoa dando información.

Definición:

A información son os feitos ou os acontecementos que se dan a coñecer por escrito ou a través dalgún medio audiovisual.

Exemplo:

Agora temos tanta información que é moi importante escoller os medios de comunicación a través dos que nos informamos.

Arrinca a redacción

Benvidas e benvidos á redacción!Noticia

Estiverades algunha vez na redacción dun medio de comunicación? Ides ver que é un lugar apaixonante e cheo de actividade!

Hoxe comezades oficialmente como equipo xornalístico. Se sodes un equipo, significa que tedes que traballar conxuntamente. E, se sodes xornalistas, quere dicir que ides pensar na mellor maneira de recoller a información, interpretala e redactala para podela explicar.

Antes de escribir as vosas propias noticias culturais, necesitaredes aprender a analizar como están construídas as noticias reais.

Unha boa redactora ou un bo redactor sabe “desmontar” unha noticia para entender como funciona por dentro.

Iso é o que imos facer hoxe nesta redacción.

Adiante, pasade e gozade do traballo!

Lectura facilitada

Benvidas e benvidos á redacción!

Xa estiverades na redacción dun medio de comunicación?

Veredes que é un lugar apaixonante.

Apaixonante e cheo de actividade!

Desde hoxe sodes un equipo de xornalistas.

Un equipo traballa conxuntamente.

E sodes xornalistas para recoller información.

Ademais de recoller información tedes que interpretala.

E tamén explicala nun texto.

Pero aínda non podedes escribir as vosas noticias.

Primeiro tedes que aprender como se escribe unha noticia.

É necesario saber como son as noticias por dentro.

Cando o saibades seredes boas redactoras e bos redactores.

Adiante, pasade e gozade do traballo!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)