Saltar navegación

5. Imos á imprenta

Última revisión!

Pictograma dun grupo de tres persoa traballando a modo de redacción.Ao longo deste recurso fuches avanzando paso a paso por distintas tarefas: pensaches que é un boletín e para que serve, exploraches a súa estrutura, coñeciches as súas partes, investigaches modelos, escribiches textos informativos e de opinión, elaboraches recomendacións culturais, fixeches recensións literarias e aprendiches a comunicar dun xeito claro, ordenado e atractivo para quen vai ler. Agora xa non se trata de facer actividades por separado: é o momento de recoller todo o traballado e convertelo nun produto final real e con sentido.

Nesta fase, a redacción do teu centro convértese nun auténtico equipo editorial. Haberá que recuperar todos os textos creados ao longo do proceso, revisalos con atención, escoller os máis axeitados, melloralos se é necesario e decidir como van aparecer dentro do boletín. Cada sección conta e cada detalle importa: o título, a portada, o editorial, as novas culturais, as entrevistas, as recomendacións, as recensións, as imaxes, a distribución da información e mesmo a orde na que aparecerán os contidos. Todo suma para que o resultado final sexa claro, coidado e interesante.

Xa está todo case listo.
As páxinas toman forma.
As seccións encaixan.
As palabras atopan o seu lugar.

A imprenta está en marcha e o boletín cultural do centro está a piques de ver a luz.

Lectura facilitada

Ao longo deste recurso fuches avanzando paso a paso.

Fixeches distintas tarefas.

  • Pensaches que é un boletín.
  • Pensaches para que serve un boletín.
  • Exploraches a súa estrutura.
  • Coñeciches as súas partes.
  • Investigaches modelos de boletín.
  • Escribiches textos informativos e de opinión.
  • Elaboraches recomendacións culturais.
  • Fixeches recensións literarias.
  • Aprendiches a comunicar dun xeito claro e ordenado.

Agora xa non se trata de facer actividades por separado.

Agora é o momento de recoller todo o traballado.

Hai que converter o traballo nun produto final real.

Nesta fase, a redacción convértese nun equipo editorial.

Hai que recuperar todos os textos creados ao longo do proceso.

Hai que revisar todos eses textos.

Pódense mellorar se fai falta.

E é necesario decidir como van aparecer dentro do boletín.

Cada detalle é importante.

Cada parte é importante.

  • O título.
  • A portada.
  • O editorial.
  • As novas culturais.
  • As entrevistas.
  • As recomendacións.
  • As recensións.
  • As imaxes.
  • A distribución da información.
  • A orde na que aparecerán os contidos.

Todo suma para que o resultado final sexa interesante.

Xa está todo case listo.

As páxinas toman forma.

As seccións encaixan.

As palabras atopan o seu lugar.

A imprenta está en marcha.

O boletín cultural do centro está a piques de ver a luz!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)