Saltar navegación

3.3. Noticias do corazón

O corazón da axencia

Imaxe dun pictograma dun corazónNas axencias de noticias hai un departamento moi importante.

Trátase do cerne, do corazón da axencia.

 Adiviñas cal pode ser ese departamento? 

Trátase da redacción, onde se toman decisións moi importantes.

Nela recompílanse, verifícanse e redáctanse as novas.

Polo tanto,  na redacción decídense os contidos que van ir no boletín cultural.

A continuación, ides ver como redactar mellor mediante a cohesión textual.

Lectura facilitada

Nas axencias de noticias hai un departamento moi importante.

Trátase do cerne, do corazón da axencia.

 Adiviñas cal pode ser ese departamento? 

O corazón da axencia de noticias é a redacción.

É o lugar no que se toman as decisións máis importantes.

Nesta axencia redáctanse as novas.

Na redacción decídense os contidos do boletín cultural.

Agora ides ver como redactar mellor mediante a cohesión textual.

Apoio visual

A redacción de textos
A redacción de textos

{"id":"52ebd499-9879-4ecf-b059-d67eb0208d0a","title":"A redacción de textos","mindmap":{"root":{"id":"9835ceb7-1e75-4b36-969c-33a1bef11c7f","parentId":null,"text":{"caption":"A redacción de textos","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":32,"color":"#000000"}},"offset":{"x":0,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#000000","children":[{"id":"ede7dbdf-ddc2-4b47-8a97-e2315b2b3030","parentId":"9835ceb7-1e75-4b36-969c-33a1bef11c7f","text":{"caption":"Mecanismos de cohesión","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":27,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-423.6500244140625,"y":-171.683349609375},"foldChildren":false,"branchColor":"#e4c4a8","children":[]},{"id":"8fccdf95-ea4c-452e-b49f-92a392432096","parentId":"9835ceb7-1e75-4b36-969c-33a1bef11c7f","text":{"caption":"Mecanismos de referencia interna","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":27,"color":"#000000"}},"offset":{"x":303,"y":-157},"foldChildren":false,"branchColor":"#7ebeff","children":[]}]}},"dates":{"created":1782576832814,"modified":1782580224664},"dimensions":{"x":4000,"y":2000},"autosave":false}

Os mecanismos de cohesión

Dentro das propiedades textuais centrarémonos na cohesión.

En que consiste a cohesión dun texto?

Trátase de que os elementos do texto teñan relación entre si.

Tamén as partes do texto teñen que ter relación entre si.

Para iso, podemos utilizar varios mecanismos:

Repetición

Unha palabra aparece no texto varias veces.

Exemplo: As patacas están moi saborosas. Encántanme as patacas molladas no prebe.

Uso de sinónimos, hiperónimos e hipónimos

Os sinónimos son palabras que teñen o mesmo significado ou moi semellante.

Exemplo: Uxía estaba moi alegre. Alégrome de que estea tan contenta.

Os hiperónimos fan referencia a palabras con significado máis amplo.

Exemplo: Ten unha granxa de galiñas. Os animais críanse en liberdade.

Os hipónimos son palabras que posúen un significado máis reducido.

Teño moita roupa no armario. A miña favorita é un abrigo de color tella.

Substitucións por pronomes ou adverbios

Exemplo: Xoana fai deporte ao aire libre. Ela é unha gran deportista.

Elipses 

As elipses son omisións de palabras nun texto. Evita que o texto se faga excesivamente longo.

Exemplo: Gústame moito a praia. Cando vou nado moito.

Conectores textuais

Son palabras ou locucións que se utilizan para relacionar oracións e parágrafos. Iso facilita a comprensión do texto.

Exemplo: Antes de nada, imos preparar a cea.

    Lectura facilitada

    Imos ver a cohesión.

    A cohesión é unha das propiedades textuais.

    En que consiste a cohesión dun texto?

    A cohesión fai que as partes do texto teñan relación entre si.

    Para iso hai varios mecanismos:

    Repetición

    Unha palabra aparece no texto varias veces.

    Exemplo: As patacas son moi boas. Encántanme as patacas.

    Uso de sinónimos, hiperónimos e hipónimos

    Os sinónimos son palabras que teñen o mesmo significado.

    Exemplo: Uxía estaba moi alegre. Alégrome de que estea tan contenta.

    Os hiperónimos refírense a palabras con significado máis amplo.

    Exemplo: Ten unha granxa de galiñas. Os animais críanse en liberdade.

    Os hipónimos son palabras que posúen un significado máis reducido.

    Teño moita roupa no armario. A miña favorita é un abrigo de color tella.

    Substitucións por pronomes ou adverbios

    Exemplo: Xoana fai deporte ao aire libre. Ela é unha gran deportista.

    Elipses 

    As elipses son omisións de palabras nun texto. Evita que o texto se faga excesivamente longo.

    Exemplo: Gústame moito a praia. Cando vou nado moito.

    Conectores textuais

    Son palabras que relacionan oracións e parágrafos.

    Poden ser palabras ou conxuntos de palabras.

    Esas palabras facilitan a comprensión do texto.

    Exemplo: Antes de nada, imos preparar a cea.

    As propiedades textuais

    As propiedades textuais son as ferramentas que nos axudan a redactar correctamente os textos.

    Grazas a elas o texto pódese comprender e ter sentido.

    Neste apartado centrarémonos en explicar a cohesión.

    Outras propiedades textuais son a adecuación e a coherencia.

    Lectura facilitada

    As propiedades textuais axúdannos a redactar os textos.

    Axúdannos a redactar correctamente.

    Grazas ás propiedades textuais o texto compréndese ben.

    Tamén fan que o texto teña sentido.

    Neste apartado explicaremos a cohesión.

    Outras propiedades textuais son a adecuación e a coherencia.

    Os conectores textuais

    A continuación tendes algúns conectores textuais.

    Vanvos servir para mellorar e enriquecer os vosos textos.

    Conectores temporais

    Serven para ordenar as accións no tempo.

    Exemplos: antes, despois, mentres, a continuación, finalmente...

    Conectores explicativos

    Utilízanse para explicar ou aclarar algunha idea.

    Exemplos: é dicir, ou sexa, mellor dito, noutras palabras...

    Conectores de orde

    Indican a orde dos acontecementos ou feitos.

    Exemplos: en primeiro lugar, antes de nada, deseguido, para rematar...

    Conectores de contraste

    Unen ideas opostas ou que matizan a primeira afirmación.

    Exemplos: pero, non obstante, aínda que, a pesar de...

    Lectura facilitada

    A continuación tedes algúns conectores textuais.

    Serviranvos para mellorar os vosos textos.

    Tamén enriquecerán o que escribades.

    Conectores temporais

    Serven para ordenar as accións no tempo.

    Exemplos: antes, despois, mentres, a continuación, finalmente...

    Conectores explicativos

    Utilízanse para explicar algunha idea.

    Tamén serven para facer aclaracións.

    Exemplos: é dicir, ou sexa, mellor dito, noutras palabras...

    Conectores de orde

    Indican a orde dos acontecementos que se contan.

    Exemplos: en primeiro lugar, antes de nada, deseguido, para rematar...

    Conectores de contraste

    Unen ideas opostas.

    Tamén poden matizar unha afirmación.

    Exemplos: pero, non obstante, aínda que, a pesar de...

    Actividade de encher ocos

    Le o enunciado seguinte e completa coas palabras seguintes: é dicir, o equipo, non obstante, alí, noticias, aquelas.

    No IES Monte da Lúa teñen moito traballo.

    hoxe é un día moi atarefado.

    Iria e Leo están seleccionando as novas máis importantes.

    que poden interesar máis ao público.

    quere que todo saia perfecto.

    O boletín seguro que vai ser un éxito!

    , para conseguilo teñen que peneirar as

    , escoller as novas máis importantes.

    De certo que o farán de marabilla!

    Activar JavaScript

    Lista desordenada

    Ordena o seguinte texto e poderás ler unha mensaxe:

    • Iria e Leo están emocionados.
    • Nuns días van coñecer unha futbolista local.
    • Ela é unha deportista con moito éxito.
    • Van poder entrevistala no instituto.
    • Despois da entrevista irán ao salón de actos.
    • Alí entregaralle a directora un agasallo.

    Comprobar

    Correcto!

    202635103415-60
    Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

    A resposta correcta é:

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)