Saltar navegación

3. Sementando cultura

 

Glosario

Antónimo

Pictograma con dous círculos vermellos separados por unha frecha que ten unha punta cara ao círculo esquerdo e outra cara ao círculo dereito

Definición:

Palabra que ten un significado oposto a outro termo. Existen dicionarios de sinónimos e antónimos.

Exemplo:

Valente é o antónimo de covarde.

Locución

Pictograma que representa tres reloxos e marca cunha frecha o reloxo da esquerda

Definición:

Grupo de palabras que funcionan como se fosen unha única palabra. Hai distintos tipos de locucións: adverbiais, adxectiva...

Exemplo:

Antes de nada é unha locución adverbial, funciona como un adverbio.

Maquetador/a

Pictograma de dúas revistas a cor.

Definición:

Persoa que organiza o texto e as imaxes tanto en publicacións impresas ou para ler nas pantallas. Hoxe en día coas novas tecnoloxías o proceso de maquetaxe evolucionou moito.

Exemplo:

Na publicación da revista é moi importante o labor do maquetador ou da maquetadora.

Sementando con ilusión...

Imaxe dun pictograma cunha persoa cunha estrelaO reto no que estamos traballando conséguese pasiño a pasiño e con ilusión.

Nesta fase ides ver a importancia do traballo en grupo.

Un ambiente de traballo agradable favorecerá moito o voso labor.

Para poder lograr os vosos obxectivos é importante que comprendades ben os textos.

Este proxecto cultural require, por tanto, coñecer unhas técnicas de lectura.

Tamén poderedes profundar en  como construír os textos e as ferramentas para corrixilos.

Todos estes elementos axudarán a que poidades crear un boletín de calidade.

Lectura facilitada

O reto no que traballamos conséguese pasiño a pasiño.

Tamén é importante poñerlle ilusión.

Nesta fase veredes a importancia do traballo en grupo.

Un ambiente de traballo agradable axuda moito.

Comprender ben os textos é moi importante.

Tamén axuda a lograr os obxectivos.

Este proxecto require ler moi ben.

Tamén aprenderedes como escribir

e como corrixir os textos.

Todos isto axudaravos a crear un boletín de calidade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)