O falar non ten cancelas
Ao longo do día comunicámonos con moitas persoas.
Falamos con amizades, coa familia, cos e coas docentes...
Dáste de conta de que cada interacción é distinta?
Vai depender da persoa interlocutora ou do contexto.
Segundo como sexa a comunicación, podemos distinguir dous rexistros.
Lembras cales son?
Exacto! Trataríase do rexistro formal e do rexistro informal ou coloquial.
No noso boletín imos empregar un rexistro formal.
Lectura facilitada
Ao longo do día comunicámonos con moitas persoas.
Falamos con amizades
e coa familia.
Tamén falamos cos docentes e coas docentes.
Cada conversa é distinta, verdade?
As conversas dependen das persoas coas que falamos.
Tamén dependen do contexto.
Podemos distinguir dous rexistros na comunicación.
Lembras cales son?
Son o rexistro formal
e o rexistro informal.
O rexistro informal tamén se chama coloquial.
No noso boletín empregaremos un rexistro formal.
Audio
Apoio visual
{"id":"2ec47ccf-b45a-4ecc-8fd1-a0c9fe2ec400","title":"Interacción","mindmap":{"root":{"id":"65c2117f-e5f3-4031-a1ae-5177b59979a9","parentId":null,"text":{"caption":"Interacción","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":24,"color":"#000000"}},"offset":{"x":0,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#000000","children":[{"id":"694a3320-dfe8-48b6-9d4a-7f8e073b4bad","parentId":"65c2117f-e5f3-4031-a1ae-5177b59979a9","text":{"caption":"Persoa interlocutora","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-335.316635814428,"y":88.99396888476305},"foldChildren":false,"branchColor":"#19d127","children":[]},{"id":"1c633ccb-5bd1-462d-98ae-59bfba82db74","parentId":"65c2117f-e5f3-4031-a1ae-5177b59979a9","text":{"caption":"Contexto","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":334.1528363002917,"y":-78.3325432127843},"foldChildren":false,"branchColor":"#554670","children":[]}]}},"dates":{"created":1782588510118,"modified":1782632100043},"dimensions":{"x":4000,"y":2000},"autosave":false}
Os rexistros lingüísticos
Podemos distinguir dous tipos de rexistros na lingua:
Rexistro formal
Neste rexistro a linguaxe é coidada, o léxico culto e as construcións gramaticais son correctas.
Adoita empregarse nos discursos, conferencias, libros de texto, xornais...
Exemplo: Podería indicarme a saída, por favor?
Rexistro coloquial ou informal
Neste rexistro a linguaxe é menos coidada, o léxico é popular e as construcións gramaticais poden ser incorrectas.
Adoita usar vulgarismos, frases feitas e a miúdo ten pouca riqueza de vocabulario.
Emprégase nas conversas orais, nas notas, nos borradores...
Exemplo: Non sei... El deixou o choio. É que... Pois... Din que ten cartos a darlle cun pau.
Lectura facilitada
Podemos distinguir dous tipos de rexistros na lingua:
Rexistro formal
Neste rexistro a linguaxe é coidada.
Úsanse palabras cultas
e unha gramática correcta..
Adoita empregarse nos discursos.
Tamén se emprega nos libros e nos xornais.
Exemplo: Podería indicarme a saída, por favor?
Rexistro coloquial ou informal
Neste rexistro a linguaxe é menos coidada.
Úsase vocabulario popular.
As construcións gramaticais poden ser incorrectas.
Tamén se usan vulgarismos
e frases feitas.
Ás veces pode ter pouca riqueza de vocabulario.
Emprégase nas conversas orais.
Tamén se emprega cando tomamos notas.
Exemplo: Non sei... El deixou o choio. É que... Pois... Din que ten cartos a darlle cun pau.
Audio
Apoio visual
{"id":"2ec47ccf-b45a-4ecc-8fd1-a0c9fe2ec400","title":"Rexistros lingüísticos","mindmap":{"root":{"id":"65c2117f-e5f3-4031-a1ae-5177b59979a9","parentId":null,"text":{"caption":"Rexistros lingüísticos","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":24,"color":"#000000"}},"offset":{"x":0,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#000000","children":[{"id":"694a3320-dfe8-48b6-9d4a-7f8e073b4bad","parentId":"65c2117f-e5f3-4031-a1ae-5177b59979a9","text":{"caption":"Rexistro formal","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-335.316635814428,"y":88.99396888476305},"foldChildren":false,"branchColor":"#19d127","children":[]},{"id":"1c633ccb-5bd1-462d-98ae-59bfba82db74","parentId":"65c2117f-e5f3-4031-a1ae-5177b59979a9","text":{"caption":"Rexistro coloquial/informal","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":334.1528363002917,"y":-78.3325432127843},"foldChildren":false,"branchColor":"#554670","children":[]}]}},"dates":{"created":1782588510118,"modified":1782588661097},"dimensions":{"x":4000,"y":2000},"autosave":false}