Publicación que difunde información actualizada de interese para un público determinado.
Exemplo:
A radio local emitiu un boletín informativo ás oito da mañá co resumo das noticias máis importantes do día.
Redacción
Definición:
Conxunto de persoas que redactan as noticias dun medio de comunicación. Tamén é o lugar onde se redactan as noticias dese medio.
Exemplo:
Luísa dirixe a redacción do xornal da vila. Roi traballa na redacción dun xornal.
Noticias quentes!
Na redacción escolar do IES Monte da Lúa todo estaba en silencio… algo pouco habitual.
Só se escoitaba o teclear rápido de Iria e o murmurio de Leo lendo titulares en voz baixa.
A profesora Lara acababa de lanzarlles un reto:
— Este trimestre converterémonos nun verdadeiro equipo de xornalistas.
A nosa misión será crear un boletín cultural informativo para todo o centro.
Os ollos do grupo brillaron ao instante. Cultura?
Iso significaba falar dos concertos da vila, das exposicións na biblioteca, das recomendacións de libros, das obras de teatro do alumnado e mesmo das tradicións da contorna.
— Pero… por onde empezamos? —preguntou Noa mentres abría o seu caderno.
— Como en calquera redacción —respondeu a profesora sorrindo— investigando, contrastando información e traballando en equipo.
Aquel día repartíronse tarefas: reportaxes, entrevistas, sección de novidades culturais e axenda de eventos.
A redacción escolar deixaba de ser só unha aula para converterse nun pequeno xornal cheo de ideas, debates e ilusión.
Así comezaba a súa aventura xornalística, na que aprenderían a crear, organizar e publicar un auténtico boletín cultural informativo feito por e para a comunidade educativa.
Lectura facilitada
Estamos na redacción do IES Monte da Lúa.
Aquí todo está en silencio.
Non é habitual este silencio.
Só se escoitaban as teclas do ordenador de Iria.
Tamén se escoita o murmurio de Leo.
Leo está lendo noticias en voz baixa.
A profesora Lara lanzoulles un reto:
— Este trimestre converterémonos nun verdadeiro equipo de xornalistas.
A nosa misión será crear un boletín cultural.
Un boletín informativo para todo o centro.
Os ollos do grupo brillaron.
Que significa cultura?
Cultura significa falar de concertos,
falar de exposicións,
e recomendar libros.
Cultura tamén son as obras de teatro do alumnado.
As tradicións da contorna tamén son cultura.
Noa abriu o seu caderno.
Noa preguntou por onde había que empezar.
A profesora respondeu sorrindo.
Díxolle que había que empezar investigando.
Tamén dixo que era importante traballar en equipo.
Aquel día repartíronse tarefas.
Había que facer reportaxes e entrevistas.
Tiñan que atender unha sección de novidades culturais
e tamén unha axenda de eventos.
A aula converteuse nun xornal cheo de ideas
e cheo de ilusión.
Así comezaba a súa aventura xornalística.
Nesta aventura aprenderían a crear un boletín cultural.
Audio
Pero que é iso dun boletín informativo?
Un boletín informativo é unha pequena publicación que reúne noticias, novidades e recomendacións sobre un tema concreto.
Pode publicarse en papel ou en formato dixital e adoita aparecer periodicamente (cada semana, mes ou trimestre).
Nun boletín cultural podemos atopar, por exemplo:
Novidades de libros.
Concertos ou actividades culturais.
Exposicións.
Entrevistas a persoas interesantes.
Axenda de eventos da semana.
O máis importante é que a información estea ben organizada, clara e atractiva para quen a lea.
Bota un ollo aos exemplos seguintes. Ao premer na imaxe abrirá en nova xanela para velo mellor.
Boletín cultural dunha cidade
Moitos concellos publican boletíns culturais con:
Concertos.
Festivais.
Exposicións.
Teatro.
Eventos tradicionais.
Axudan á cidadanía a saber que facer no seu tempo libre.
Boletín escolar
Nun centro educativo, un boletín pode incluír:
Actividades deportivas e académicas do instituto.
Novidades e proxectos realizados nas aulas.
Eventos organizados polo alumnado.
Entrevistas a profesorado e membros da comunidade educativa.
É o tipo de boletín que vai crear a vosa redacción.
Boletín informativo dunha biblioteca
As bibliotecas adoitan publicar boletíns con:
Novos libros.
Clubs de lectura.
Actividades culturais.
Recomendacións literarias.
Serven para manter informada a comunidade lectora.
Lectura facilitada
Que é un boletín informativo?
É unha publicación pequena con noticias.
Tamén ten novidades e recomendacións.
Pode publicarse en papel ou en formato dixital.
Adoita aparecer periodicamente.
Periodicamente significa cada semana ou cada mes.
Que hai nun boletín cultural?
Hai novidades de libros.
Hai recomendacións de actividades culturais.
Hai recomendacións de exposicións.
Hai entrevistas a persoas interesantes.
Hai unha axenda de eventos.
Nun boletín a información está ben organizada.
Tamén é importante que a información sexa clara.
Bota un ollo aos exemplos seguintes
Boletín cultural dunha cidade
Moitos concellos publican boletíns culturais con:
Concertos.
Festivais.
Exposicións.
Teatro.
Eventos tradicionais.
Axudan á cidadanía a saber que facer no seu tempo libre.
Boletín escolar
Nun centro educativo, un boletín pode incluír:
Actividades deportivas e académicas do instituto.
Novidades e proxectos realizados nas aulas.
Eventos organizados polo alumnado.
Entrevistas a profesorado e membros da comunidade educativa.
É o tipo de boletín que vai crear a vosa redacción.
Boletín informativo dunha biblioteca
As bibliotecas adoitan publicar boletíns con:
Novos libros.
Clubs de lectura.
Actividades culturais.
Recomendacións literarias.
Serven para manter informada a comunidade lectora.
Audio
Sabías que...
O primeiro xornal galego apareceu no ano 1800!
Chamábase El Catón Compostelano e publicouse en Santiago de Compostela.
Era unha publicación semanal na que se trataban temas moi variados e curiosos para a época: desde a educación das mulleres, a orixe das linguas de España ou a liberdade, ata ideas tan sorprendentes como unha embarcación capaz de navegar polo aire.
Cada número presentábase como un “Discurso”, e o xornal tivo unha vida curta: publicouse durante menos de seis meses.
Hoxe consérvase un exemplar completo na Biblioteca do Seminario Maior de Ourense, e o Consello da Cultura Galega publicou un facsímile co gallo do seu bicentenario no ano 2000.
Este é un pequeno recordatorio de que a tradición xornalística en Galicia ten máis de dous séculos de historia.
Lectura facilitada
Sabes cando apareceu o primeiro xornal galego?
Apareceu no ano 1800!
Chamábase El Catón Compostelano.
Este xornal publicouse en Santiago de Compostela.
Era unha publicación semanal.
Nesta publicación tratábanse temas moi variados.
Falábase da educación das mulleres.
Tamén doutros temas curiosos como a orixe das linguas de España.
Mesmo se falaba de liberdade
ou de ideas sorprendentes como unha embarcación que ía polo aire.
Este xornal tivo unha vida curta.
Durou menos de seis meses.
Hoxe consérvase un exemplar completo en Ourense.
Cando este xornal fixo 200 anos,
o Consello da Cultura Galega publicou unha reprodución.
En Galicia hai unha tradición xornalística moi antiga,