Lista de cotexo
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.

Ás veces temos malentendidos. Outras veces dicimos cousas inadecuadas que crean conflitos.
Cando temos un malentendido, é importante que saibamos manter a calma, explicar a nosa versión do que pasou e tentalo resolver. Se é necesario, pedimos desculpas.
Tamén é importante pedir desculpas se dixemos algo inadecuado que puido molestar a alguén.
Pensa, agora, se nalgún momento o malentendido ou a situación incómoda se xerou porque opinaches de máis cando era mellor que só deses unha información.
Coma nas noticias, moitas veces é importante valorar se debemos ser máis obxectivas e obxectivos cando contamos algo.
Outras veces, cando a nosa opinión sexa importante, debemos pensar moi ben como a damos, porque mesmo así tamén podemos chegar a molestar.
Non se pode ser perfecta nin perfecto, pero si que podemos intentar ser cordiais e pensar un pouco máis se temos que falar dun xeito máis subxectivo ou máis obxectivo.
Pensa se che pasou algunha vez algo así e responde no teu diario de aprendizaxe as seguintes preguntas:
Ás veces temos malentendidos.
Outras veces dicimos cousas inadecuadas.
Sen darnos conta podemos crear conflitos.
Cando temos un malentendido
é importante manter a calma.
Tamén convén explicar a nosa versión do que pasou.
Despois podemos tentalo resolver.
Se é necesario, pedimos desculpas.
Pensa se tiveches algún malentendido por opinar de máis.
Quizais só era necesario dar unha información.
Nas noticias pasa o mesmo.
Ás veces hai que ser máis obxectivas e obxectivos.
Se a nosa opinión é necesaria,
é importante pensar moi ben como a damos.
Non se pode ser perfecta nin perfecto,
pero si que podemos intentar ser cordiais.
Pensa se che pasou algunha vez algo así.
Responde as seguintes preguntas no teu diario de aprendizaxe.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0