Saltar navegación

4. Construamos información, construamos opinión

 

Glosario

Artigo de opinión

Pictograma dunha muller falando

Definición:

Espazo que os medios de comunicación escritos reservan para que algunhas persoas dean a súa opinión sobre certos temas. Estes artigos adoitan encontrarse nunha sección titulada "Opinión".

Exemplo:

Esta escritora ten unha columna de opinión na que comenta feitos de actualidade desde unha ollada progresista.

Breve

Pictograma que representa un xornal dobrado cunha páxina a tres columnas

Definición:

Un breve é unha noticia de pouca extensión na que se dan os datos principais dalgún feito acontecido, sen profundar no que pasou nin engadir información complementaria.

Exemplo:

Souben por un breve que lle deron un premio a unha escritora de novela, pero quedei con gana de saber algo máis dela e da obra.

Editorial

Pictograma dunha muller sentada na súa mesa de dirección

Definición:

Un editorial é un artigo no que a directora ou o director dun medio de comunicación opina, en nome do medio ao que representa, sobre un tema ou feito determinado.

Exemplo:

No editorial do venres, o xornal deixaba claro que estaba en contra da lei que se aprobara o día anterior no Parlamento.

Que medre a comunicación!

Rapazas e rapaces realizando unha entrevista.

Un boletín, un xornal ou un programa son unha obra colectiva. Cada unha das persoas que traballa nel colabora para ir construíndo o medio de comunicación no que traballan.

Unhas persoas buscan a información, outras fan fotografías, outras van redactando a medida que chega a información...

Entre todas, palabra a palabra, liña a liña, van redactando cada un dos artigos que conformarán o xornal, ou cada unha das novas que se emitirán na radio ou na televisión.

Agora tócavos construír información a través de breves e opinar mediante artigos de opinión. Ademais, teredes que encontrar unha opinión colectiva sobre algún tema para redactardes un editorial.

Veña, a construír o boletín!

Lectura facilitada

Un boletín é unha obra colectiva.

Coma un xornal ou un programa de televisión.

Nel colaboran moitas persoas.

Cada unha vai construíndo o medio de comunicación.

Unhas persoas buscan a información.

Outras persoas fan fotografías.

Aínda hai outras persoas que redactan a información.

Entre todas van redactando cada un dos artigos.

É un traballo que se fai palabra a palabra.

Agora tócavos construír información a través de breves.

Tamén vos toca opinar mediante artigos de opinión.

Ademais, teredes que encontrar unha opinión colectiva.

Con esa opinión colectiva redactaredes un editorial.

Veña, a construír o boletín!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)