Que aprendiches?
Neste mapa mental tes un resumo de todo o recurso.
Pódelo descargar en en formato PDF (abre en nova xanela)
Neste mapa mental tes un resumo de todo o recurso.
Pódelo descargar en en formato PDF (abre en nova xanela)

Chegaches ao final deste reto.
Aprendiches moitísimo, tiveches a oportunidade de traballar na redacción dun medio de comunicación e creaches, canda o resto do equipo, un boletín informativo.
E, por fin, chegou o momento de mirar atrás, coller folgos e poñer en valor o traballo feito.
Convidámoste a que respondas un par de preguntas no teu diario de aprendizaxe:
Non é necesario que as respostas sexan moi longas, pero tampouco pode ser unha resposta telegráfica. Agora xa sabes redactar todo tipo de textos, e que sabes medir as cantidades de información e de opinión, así que confiamos plenamente no teu criterio!
Chegaches ao final deste reto.
Aprendiches moitísimo.
Traballaches na redacción dun medio de comunicación
e creaches un boletín informativo.
Fixeches todo iso en equipo.
E, por fin, chegou o momento de mirar atrás.
Agora é o momento de valorar todo o traballo.
Abre o teu diario de aprendizaxe e responde tres preguntas.
Non é necesario que as respostas sexan moi longas.
Tampouco teñen que ser moi curtas.
Agora sabes redactar moi ben,
así que xa sabes calcular a extensión das respostas.
Confiamos no teu criterio!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0