Atrévete co boletín!
A nosa aventura, como xa sabedes, é crear un boletín informativo cultural.
Esta é unha tarefa que se elaborará por grupos.
O produto final irá dirixido para toda a comunidade escolar.
Xa puidestes ver algún exemplo de boletín.
Agora imos ver a súa estrutura e os seus elementos.
Podemos dividir o boletín nas seguintes partes:
Primeira páxina
Inclúe a cabeceira, que é a parte que identifica o boletín. Contén o nome do boletín, a data e/ou o número de edición. Tamén aparece o tema máis relevante a tratar e/ou un pequeno adianto dos contidos máis importantes.
Corpo do boletín
Nesta parte incluiríanse as entrevistas, as noticias, as crónicas...
Peche do boletín
Finalmente, neste apartado recóllense os datos das persoas autoras.
Lectura facilitada
Xa sabedes cal é nosa aventura.
É crear un boletín informativo cultural.
Esta é unha tarefa que se elaborará por grupos.
O produto final dirixirase á comunidade escolar.
Xa puidestes ver algún exemplo de boletín.
Agora imos ver que estrutura terá o boletín.
Veremos tamén cales serán os seus elementos.
Podemos dividir o boletín nas seguintes partes:
Primeira páxina
Inclúe a cabeceira.
A cabeceira é a parte que identifica o boletín.
Contén o nome do boletín e a data.
Tamén aparece o tema máis relevante.
Ás veces aparece un adianto dos contidos máis importantes.
Corpo do boletín
Nesta parte inclúense as entrevistas,
e tamén as noticias e o resto de artigos.
Peche do boletín
Neste apartado recóllense os datos das persoas autoras.
Audio
Apoio visual
{"id":"b945f300-01d3-4c87-b767-dca221d9458c","title":"O boletín informativo","mindmap":{"root":{"id":"6b70e04b-878a-4ddf-978d-1e98e007b778","parentId":null,"text":{"caption":"O boletín informativo","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":24,"color":"#000000"}},"offset":{"x":0,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#000000","children":[{"id":"1d41373d-95f8-41ea-a98c-4b14af6899f5","parentId":"6b70e04b-878a-4ddf-978d-1e98e007b778","text":{"caption":"Tipos de textos","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-311.0000305175781,"y":-128},"foldChildren":false,"branchColor":"#4d7e8e","children":[{"id":"a15956f8-9ced-4fc4-b971-a450fa414889","parentId":"1d41373d-95f8-41ea-a98c-4b14af6899f5","text":{"caption":"Artigo de opinión","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-146,"y":-101.46665954589844},"foldChildren":false,"branchColor":"#4d7e8e","children":[]},{"id":"4b3da4cd-8d1a-42ac-85a3-b127bc6ec1ed","parentId":"1d41373d-95f8-41ea-a98c-4b14af6899f5","text":{"caption":"Recensión","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-115,"y":-42},"foldChildren":false,"branchColor":"#4d7e8e","children":[]},{"id":"2374c36c-6320-419b-a616-c087e2a952c5","parentId":"1d41373d-95f8-41ea-a98c-4b14af6899f5","text":{"caption":"Crónica","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-143,"y":192},"foldChildren":false,"branchColor":"#4d7e8e","children":[]},{"id":"5c1a1841-d938-4e32-a22d-1ca8e295a63b","parentId":"1d41373d-95f8-41ea-a98c-4b14af6899f5","text":{"caption":"Entrevista","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-135.7833251953125,"y":140.00001525878906},"foldChildren":false,"branchColor":"#4d7e8e","children":[]},{"id":"34db0137-709e-4404-8166-3b6dcaa172c8","parentId":"1d41373d-95f8-41ea-a98c-4b14af6899f5","text":{"caption":"Editorial","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-139.76666259765625,"y":19},"foldChildren":false,"branchColor":"#4d7e8e","children":[]},{"id":"e09b9bee-3e4d-418d-aae9-37d9fd8c2678","parentId":"1d41373d-95f8-41ea-a98c-4b14af6899f5","text":{"caption":"Noticia","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-155.81595394151677,"y":74},"foldChildren":false,"branchColor":"#4d7e8e","children":[]}]},{"id":"0226e804-43fd-4c63-8b98-a9ec96fb09e8","parentId":"6b70e04b-878a-4ddf-978d-1e98e007b778","text":{"caption":"Estrutura","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":258,"y":-132},"foldChildren":false,"branchColor":"#02d9c5","children":[]},{"id":"243c05a9-b3a9-492a-bca7-21ec1dceb544","parentId":"6b70e04b-878a-4ddf-978d-1e98e007b778","text":{"caption":"Elementos","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-319,"y":123},"foldChildren":false,"branchColor":"#992caa","children":[]},{"id":"11fa8c54-5317-4153-9a92-b739a6d67da0","parentId":"6b70e04b-878a-4ddf-978d-1e98e007b778","text":{"caption":"Información/Opinión","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":308,"y":107},"foldChildren":false,"branchColor":"#0fd582","children":[]}]}},"dates":{"created":1782573020326,"modified":1782575610498},"dimensions":{"x":4000,"y":2000},"autosave":false}..
Textos que inclúe o boletín
Dentro do boletín imos tratar distintos tipos de textos:
Crónica
Relato ordenado cronoloxicamente que narra eventos dende o punto de vista do autor/a.
Entrevista
Conversa en que a persoa entrevistadora lle formula preguntas á persoa entrevistada.
Noticia
Información que se achega sobre algo ou alguén. Tamén se pode dicir nova ou novidade.
As noticias curtas chámanse breves.
Recensión literaria
Artigo breve onde se analiza de maneira crítica unha obra literaria.
Artigo de opinión
Xénero xornalístico onde un autor ou autora expón o seu punto de vista. Vai asinado.
O editorial
É un artigo de opinión que expresa a opinión colectiva dun medio. Non aparece asinado.
Non debemos confundir o editorial coa editorial, que é a empresa que se dedica a editar libros, revistas, enciclopedias...
Lectura facilitada
Dentro do boletín trataremos distintos tipos de textos:
Crónica
Unha crónica narra acontecementos.
Nárraos desde o punto de vista do autor.
Os acontecementos están relatados por orde,
na mesma orde na que pasaron.
Entrevista
Unha entrevista é unha conversa.
A persoa entrevistadora faille preguntas á persoa entrevistada.
Noticia
Unha noticia é unha información.
Cóntanse cousas sobre algo ou alguén.
Tamén se pode dicir nova ou novidade.
As noticias curtas chámanse breves.
Recensión literaria
Unha recensión é un artigo breve sobre un libro.
Nunha recensión analízase a obra literaria que se leu.
Artigo de opinión
Nun artigo de opinión exponse un punto de vista.
Os artigos de opinión están asinados polo autor ou pola autora.
O editorial
Un editorial é un artigo de opinión.
Pero é un artigo que expresa a opinión do medio de comunicación.
Non aparece asinado.
Non debemos confundir o editorial coa editorial.
O editorial é o artigo de opinión.
A editorial é a empresa que edita libros.
Audio
Elementos do boletín
Para elaborar un boletín informativo é importante coñecer as súas diferentes partes e a función que cumpre cada unha delas. Cada elemento, como o título, a imaxe ou o corpo da noticia, axuda a organizar a información e a facer o contido máis claro e atractivo para o lector. Comprender estas partes permitiranos crear un boletín mellor estruturado, máis fácil de ler e máis eficaz á hora de transmitir a información.
Cabeceira
É a parte superior do boletín,
onde aparece o nome da publicación e, en moitos casos,
a data ou o número da edición.
Serve para identificar o boletín e darlle unha imaxe propia.
Título
É o texto principal da noticia.
Resume a información máis importante
e está pensado para chamar a atención
do lector desde o primeiro momento.
Subtítulo
Acompaña o título e amplía a información cun pouco máis de detalle,
axudando a comprender mellor o contido da noticia. Non sempre aparece.
Corpo da noticia
É a parte principal do texto onde se desenvolve a información
con máis detalle. Nel explícanse os feitos, achegando datos,
explicacións e, en ocasións, opinións ou testemuños.
O seu obxectivo é informar de maneira clara e completa ao lector.
Editorial
É un texto de opinión elaborado polo equipo redactor. 
Nel exprésase unha valoración ou reflexión sobre un tema relevante.
Imaxe
Acompaña a noticia e fai o contido máis visual e atractivo.
Ademais, axuda a comprender mellor a información presentada.
Pé de foto
É un pequeno texto situado baixo a imaxe
que explica o que aparece nela
ou engade información complementaria.
Autoría
Indica quen elaborou a noticia ou o contido,
xa sexa unha persoa concreta ou un grupo.
Lectura facilitada
É importante coñecer as partes dun boletín informativo.
Hai que coñecer a función de cada unha delas.
Cada elemento axuda a organizar a información.
Tamén fai o contido máis atractivo.
E faino máis fácil de ler.
Cabeceira
É a parte superior do boletín,
onde aparece o nome da publicación e, en moitos casos,
a data ou o número da edición.
Serve para identificar o boletín.
Dálle unha imaxe propia.
Título
É o texto principal da noticia.
Resume a información máis importante
e está pensado para chamar a atención.
Subtítulo
Acompaña o título e amplía a información.
Axuda a comprender mellor o contido da noticia.
Non sempre aparece.
Corpo da noticia
É a parte onde se desenvolve a información.
Nesta parte explícanse os feitos.
Tamén se dan datos
e explicacións.
Ás veces aparecen opinións.
O seu obxectivo é informar de maneira clara.
Editorial
É un texto de opinión.
Elabórao o equipo redactor.
Nel reflexiónase sobre un tema relevante.
Imaxe
Acompaña a noticia.
Fai o contido máis visual e atractivo.
Axuda a comprender mellor a información.
Pé de foto
É un pequeno texto situado baixo a imaxe.
Neste texto explícase o que aparece na imaxe.
Ás veces engade algunha nova información sobre a imaxe.
Autoría
Indica quen elaborou a noticia ou o contido.
Pode ser unha persoa ou un grupo de persoas.
Audio
Pasos para elaborar o boletín
Para elaborar o boletín debedes seguir os seguintes pasos:
⚀ Paso 1 — Tomar decisións en grupo
Decidide cal é o obxectivo do voso boletín e o público ao que vai dirixido.
Lembrade que é un boletín informativo cultural.
Debedes enfocalo para toda a comunidade escolar.
⚁ Paso 2 — Deseñar a estrutura do boletín
Deseñade a estrutura do boletín. Lembrade que pode ser en distintos soportes (dixital ou en papel).
Pensade ademais na periodicidade que terá (semanal, mensual, trimestral...).
⚂ Paso 3 — Facer un borrador
Facede un borrador dos contidos que ides tratar.
Pensade a quen ides entrevistar, que libros ides recomendar, cal vai ser a crónica...
⚃ Paso 4 — Comezar a crear
Agora chegamos á elaboración dos contidos. Neste momento xa estades na fase real de creación.
⚄ Paso 5 — Facer unha revisión xeral
Aquí fariades unha revisión xeral do boletín. Aquí tedes que supervisar que todo estea ben e facer as correccións necesarias.
⚅ Paso 6 — Maquetar
Finalmente chegamos ao momento de maquetar. Podedes escoller o formato que prefirades.
Lectura facilitada
Estes son os pasos para elaborar o boletín.
Paso 1
Decidide cal é o obxectivo do boletín,
e tamén a que público se dirixe.
Lembrade que é un boletín informativo cultural.
Debedes enfocalo para toda a comunidade escolar.
Paso 2
Deseñade a estrutura do boletín.
Lembrade que se pode facer dixital ou en papel.
Pensade se vai ser semanal, mensual ou trimestral.
Paso 3
Facede un borrador dos contidos que ides tratar.
Pensade a quen ides entrevistar,
tamén que libros ides recomendar.
Paso 4
Agora chegamos á elaboración dos contidos.
Xa estades na fase real de creación.
Paso 5
Aquí faredes unha revisión xeral do boletín.
Teredes que supervisar que todo estea ben.
Tamén teredes que facer as correccións necesarias.
Paso 6
Finalmente chegamos ao momento de maquetar.
Podedes escoller o formato que prefirades.
Audio
Organizo as ideas
Para elaborar o voso boletín, acabamos de ver os pasos que debedes seguir.
Pero como podedes organizarvos da mellor maneira?
Que estratexias serán as máis axeitadas para organizar as ideas?
Non hai unha única solución, por suposto.
Pero hai unha serie de ferramentas que vos poden axudar.
Imos ver algunhas delas:
Toma de notas
Consiste en recoller a información máis importante (palabras clave, exemplos, frases...).
Resumo
Trátase de sintetizar un texto recollendo os aspectos principais.
Mapa conceptual
É un resumo visual sobre un tema concreto. Cunha ollada rápida podemos captar a mensaxe.
Esquema
Trátase da presentación reducida dos contidos. Axuda a xerarquizar as ideas.
Lectura facilitada
Xa vistes os pasos que hai que seguir para elaborar o boletín.
Sabedes cal é a mellor maneira de organizarvos?
Sabedes cales son as mellores estratexias para organizar a ideas?
Non hai unha única solución.
Pero hai algunhas ferramentas que vos poden axudar.
Imos ver algunhas delas.
Toma de notas
Consiste en anotar a información máis importante.
Resumo
Trátase de sintetizar un texto.
Faise recollendo os aspectos principais.
Mapa conceptual
É o resumo visual dun tema concreto.
Serve para entender o tema cunha ollada rápida.
Esquema
Trátase da presentación reducida dos contidos.
Axuda a xerarquizar as ideas.