Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Que é o diario de aprendizaxe?

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.

Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.

Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.

Lectura facilitada

Lembra que, despois do material descargable, atoparás o diario de aprendizaxe. Convén que o vaias cubrindo cada vez que remates unha nova fase do reto.

O diario de aprendizaxe é o espazo no que vas ir recollendo as experiencias vividas relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto, tanto dentro coma fóra da aula.

A medida que o uses, vas ir desenvolvendo a túa autonomía e a capacidade para reflexionares sobre a aprendizaxe.

Ten en conta, para cubrírelo, as indicacións que che vaia dando o teu profesor ou a túa profesora.

Consulta se o vas cubrir en papel ou como documento de texto e, nese caso, cal vai ser o nome do arquivo.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)