Portada
Trátase da cuberta frontal da revista. Na portada da vosa revista incluiredes algúns datos fundamentais como o título, as persoas autoras ou o tipo de revista.
Índice ou sumario
Lista ordenada dos contidos da revista que indica as páxinas nas que se encontra cada contido.
Editorial
Artigo que está situado ao principio da revista e que habitualmente vai sen sinatura. Nel normalmente reflíctese unha opinión colectiva.
No editorial da vosa revista faredes unha reflexión común sobre a experiencia de elaborar a revista. Podedes falar das dificultades que tivestes, das satisfaccións...
Seccións
Son os distintos contidos polos que está integrada a revista.
Na vosa revista incluiredes recensións de libros, os novos textos narrativos e os booktrailers aos que se pode acceder a través dun código QR.
Ilustracións
As ilustracións (debuxos, fotografías, pinturas...) enriquecen os textos e serven para complementar a información dada.
Contraportada
Trátase da cuberta posterior da revista. Aquí engadiredes un resumo dos contidos da revista, destacando a información máis relevante.