Saltar navegación

1.3. Diario de aprendizaxe

Lembra anotar as túas reflexións no diario de aprendizaxe!

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Lembra que, despois do material descargable, atoparás o diario de aprendizaxe. Convén que o vaias cubrindo cada vez que remates unha nova fase do reto.

O diario de aprendizaxe é o espazo no que vas ir recollendo as experiencias vividas relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto, tanto dentro coma fóra da aula.

A medida que o uses, vas ir desenvolvendo a túa autonomía e a capacidade para reflexionares sobre a aprendizaxe.

Ten en conta, para cubrírelo, as indicacións que che vaia dando o teu profesor ou a túa profesora.

Consulta se o vas cubrir en papel ou como documento de texto e, nese caso, cal vai ser o nome do arquivo.

Lectura facilitada

Lembra que tes un diario de aprendizaxe en cada fase do reto.

Convén que o vaias cubrindo cada vez que remates unha nova fase do reto.

No diario de aprendizaxe tes que escribir a túa experiencia co reto.

Podes escribir tanto o que che pasa dentro da clase coma fóra dela.

Canto máis o empregues mellor escribirás e mellor reflexionarás sobre o que aprendiches.

Tes que seguir as indicacións que che vaia dando o teu profesor ou a túa profesora.

Consulta se o vas cubrir en papel ou como documento de texto.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)