Que vas facer?
Neste proxecto imos crear unha revista de literatura e cultura galega para xente moza. Estas son as fases que imos seguir para conseguilo:
- Primeiro vas ler un libro de narrativa xuvenil en galego. Por grupos, teredes que escoller o libro que máis vos guste dunha lista que vos vai dar o voso profesor ou a vosa profesora.
- A continuación formaredes grupos segundo as vosas escollas e terás que reflexionar e intercambiar opinións sobre a lectura co resto de membros do grupo.
- Despois de analizar o libro, ides redactar unha recensión sobre el. A recensión ten que incluír:
- Unha breve traxectoria do autor ou da autora
- Un resumo
- A lista de personaxes principais e de personaxes preferidos
- Unha análise do espazo e do tempo
- O tipo de narrador
- Un comentario das ilustracións
- Unha opinión persoal ben argumentada
- Tamén teredes que redactar un novo texto a partir da obra que lestes. Este texto pode ser unha noticia, unha secuela, unha receita de cociña, un final alternativo...
- Finalmente, teredes que revisar e corrixir todos os textos que escribísedes.
Pero non todo vai ser escribir!
- Gravaredes un booktrailer sobre a obra duns dous minutos de duración. Este booktrailer engadirase á revista mediante un código QR.
- Escolleredes ilustracións e fotografías para acompañar os textos.
- Teredes que revisar, corrixir, maquetar e editar a revista.
- Unha vez estea publicada, contactaredes a través de cartas con centros educativos das comunidades autónomas nas que se fala catalán e éuscaro para divulgardes a revista.
Lectura facilitada
Estas son as fases que imos seguir para crear a revista:
- Primeiro: ler un libro de narrativa xuvenil en galego e escoller, por grupos, o que máis vos guste.
- Segundo: formar grupos segundo o libro que escollestes e intercambiar opinións sobre a lectura.
- Terceiro: redactar un texto no que se fale do libro, que deberá incluír:
- Unha breve traxectoria do autor ou da autora
- Un resumo
- A lista de personaxes principais e de personaxes preferidos
- Unha análise do espazo e do tempo
- O tipo de narrador
- Un comentario das ilustracións
- Unha opinión persoal ben argumentada
- Cuarto: redactar un novo texto a partir da obra que lestes.
- Quinto e último: revisar e corrixir todos os textos que escribistes.
E, ademais:
- Gravaredes un booktrailer duns dous minutos sobre a obra.
- Escolleredes ilustracións e fotografías para acompañar os textos.
- Teredes que revisar, corrixir, maquetar e editar a revista.
- Cando estea publicada mandarédela ás comunidades autónomas nas que se fala catalán e éuscaro.
Audio
Cal é a meta do noso reto?
- Expresar os teus gustos e intereses literarios e facerlle recomendacións lectoras a mozos e mozas da túa idade.
- Coñecer os gustos e intereses de xente nova coma ti.
- Poñer en valor a literatura infantil e xuvenil galega e darlle unha maior visibilidade.
- Coñecer as diferentes fases do proceso de creación de calquera obra escrita e poñelas en práctica para publicar a revista. Estas fases son as seguintes:
- Redacción
- Revisión
- Corrección
- Selección de ilustracións e doutro material gráfico ou multimedia
- Edición
- Maquetación
- Publicación
- Divulgación
- Analizar obras de narrativa xuvenil, recoñecendo as características principais do xénero e vinculándoas coa actualidade e con outras manifestacións artísticas e culturais.
- Achegarte a outras linguas da Península Ibérica, sobre todo ao catalán e ao vasco, coñecer a súa extensión xeográfica e aprender vocabulario e expresións básicas.
- Reflexionar sobre as vantaxes que nos dá a lingua galega para ler, entender, falar e escribir en portugués.
Lectura facilitada
- Expresar os teus gustos literarios e facer recomendacións lectoras.
- Coñecer os gustos e intereses de xente nova coma ti.
- Poñer en valor a literatura infantil e xuvenil galega.
- Coñecer as fases de creación dunha obra escrita, necesarias para facer a revista. Son as seguintes:
- Redacción
- Revisión
- Corrección
- Selección de ilustracións
- Edición
- Maquetación
- Publicación
- Divulgación
- Analizar obras de narrativa xuvenil.
- Coñecer un pouco outras linguas da Península Ibérica.
- Reflexionar sobre as vantaxes que nos dá a lingua galega para ler, entender, falar e escribir en portugués.
Audio
Que vas conseguir?
- Mellorarás a comprensión lectora e serache máis fácil entender textos escritos.
- Aprenderás técnicas para que os textos que escribas se entendan moito mellor.
- Aprenderás a gravar un booktrailer.
- Coñecerás outras linguas da Península Ibérica, saberás onde se falan e aprenderás a dicir cousas básicas.