Glosario
Abafar

Definición:
Dificultarlle a alguén a respiración ao impedirlle respirar. Tamén significa molestar alguén cando insistimos moito nunha petición. Algúns sinónimos deste verbo poderían ser asfixiar ou afogar. Como antónimos temos desabafar e desafogar, entre outros.
Exemplo:
Abáfasme moito, que non deixas de molestar.
Arxila

Definición:
Rocha sedimentaria de diversas cores e texturas que cando se molla con auga se volve plástica e branda. Ao cocela vólvese dura. Coa arxila podemos modelar obxectos como floreiros, pratos, figuras decorativas...
Exemplo:
Merquei arxila para facer un floreiro.
Bestiario

Definición:
Colección de relatos ou fábulas con ilustracións de animais reais ou fantásticos. Nos bestiarios tamén se pode falar de criaturas mitolóxicas.
Exemplo:
Estaba ollando un bestiario onde viña a descrición dunha meiga, un lobishome e un trasno.
Enxergar

Definición:
Ver ao lonxe algo ou alguén sen distinguir ben. Tamén significa que alguén comeza a comprender algo ou a percibir algo.
Exemplo:
Enxergo unha sombra pero non a podo ver ben.
Papiro

Definición:
Folla ou lámina para escribir confeccionada polos antigos exipcios a partir do tronco da planta de papiro. Tamén se lle chama así ao manuscrito antigo redactado sobre estas follas de papiro.
Exemplo:
Atoparon un papiro con xeroglíficos exipcios.
Pergameo

Definición:
Pel de animal preparada antigamente para escribir nela ou forrar libros. Tamén se lle chama así ao propio documento escrito nesa pel. Na Idade Media algúns documentos literarios foron escritos ou copiados en pergameos.
Exemplo:
O pergameo Vindel contén as sete cantigas de Martin Codax.
Recensión

Definición:
Escrito onde se fai unha crítica dunha obra ou artigo. As recensións de libros serven para motivar e darlle a coñecer as obras ás persoas lectoras. As editoriais adoitan presentar unha recensión das súas obras.
Exemplo:
O libro interésame porque a súa recensión me chamou a atención.