Glosario
Curmá

Definición:
Filla do irmán do pai ou da nai (é dicir, filla do tío ou da tía). O termo masculino é curmán.
Exemplo:
Eu fun cos meus pais a xunta da miña curmá, que estaba co meu tío.
Papiroflexia

Definición:
Arte de elaborar figuras decorativas mediante o pregamento dun papel, sen usar tesoiras nin pegamento.
Exemplo:
Collín un papel de cor branca e construín unha figura con papiroflexia.
Paracaidismo

Definición:
Deporte extremo ou de risco que consiste en saltar con paracaídas desde un lugar elevado ou desde unha aeronave. O paracaídas vai servir para amortecer a caída.
Exemplo:
Fai paracaidismo dende moi nova e a última vez saltou dende un paracaídas de cores.

