Glosario
Divulgar

Definición:
Difundir unha publicación, dala a coñecer entre o público.
Exemplo:
Para divulgar a súa obra, o escritor fixo unha presentación literaria.

Definición:
Difundir unha publicación, dala a coñecer entre o público.
Exemplo:
Para divulgar a súa obra, o escritor fixo unha presentación literaria.
Nesta cuarta fase vas compartir con outras persoas da túa idade as análises, reflexións e opinións sobre a lectura. Para isto...
Nesta fase 4 vas compartir as túas ideas e análises sobre o libro con persoas da túa idade.
Crearás un booktrailer co teu grupo
Traballarás en equipo para crear un booktrailer.
O obxectivo é animar a outras persoas a ler o libro do que fixeches a análise.
Un booktrailer é un pequeno vídeo que resume e presenta un libro de forma atractiva.
Crearás unha revista literaria
Toda a clase faredes unha revista literaria.
Nesta revista estarán as recensións e os textos que escribistes na fase anterior.
Cales son os pasos para facer a revista?
Publicar e divulgar a revista
Este é o último paso.
A revista viaxará a centros doutras comunidades autónomas que tamén teñen linguas cooficiais.
Enviaredes a revista por correo postal.
Acompañaredes a revista cunha carta de presentación.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0