Glosario
Booktrailer

Definición:
Vídeo de pouca duración no que se presentan os aspectos máis interesantes dun libro co obxectivo de animar a outras persoas a lelo. É un anglicismo formado mediante o substantivo book ("libro") e trailer ("avance", "anuncio").
Exemplo:
Decidín ler o libro O corazón de Xúpiter despois de ver o booktrailer que fixo unha lectora.
Código QR

Definición:
Un código QR ("que erre") é un tipo de código que se pode ler mediante un teléfono intelixente e que pode incluír diferentes contidos: unha páxina web, unha rede social, un correo electrónico...
Exemplo:
Consultamos o menú do restaurante escaneando o código QR que había na mesa.
Guión

Definición:
Texto no que se recolle o argumento e os elementos necesarios (texto, imaxes, son...) para planificar e realizar unha peza audiovisual (película, serie, programa de radio ou de televisión...)
Exemplo:
Antes de presentar o programa, o presentador estudou ben o guión.
