Saltar navegación

5. E que me dis do libro?

 

Glosario

Presentación literaria

Técnicas para falar en público

Definición:

Evento no que un escritor ou unha escritora fala dunha obra súa, xeralmente dunha que publicou recentemente. Na presentación adoita intervir tamén algunha persoa da editorial do libro ou outras persoas expertas en literatura. A presentación faise para dar a coñecer o libro entre o público.

Exemplo:

Fun á libraría da vila á presentación literaria do último libro de Berta Dávila. 

A presentación literaria

Fuches algunha vez a unha presentación literaria? Nesta última fase do REA ides facer unha presentación do libro que lestes e analizastes en equipos e tamén ensinaredes os vosos booktrailers.

O voso público será o resto da clase, que ademais de escoitarvos con atención, tamén avaliará os vosos booktrailers. 

Contar un conto

Instrucións para a presentación: 

- Duración: será unha presentación breve, de 10 minutos como máximo (incluíndo a visualización do booktrailer). 

- Grupos: realizarás a túa exposición co mesmo equipo que fixeches a análise, recensión e booktrailer do libro. Antes da presentación, preparade un pequeno guión e repartide os puntos que tratará cada membro do grupo. 

- Contidos: na vosa exposición trataredes os seguintes puntos: título e autor/a do libro; resumo da historia (sen desvelar misterios nin adiantar o final); opinión grupal sobre o libro e visualización do booktrailer.

Aprendemos moito!

Mapa conceptual resumo de contidos

Avaliación dos booktrailers da clase

Presta atención ás exposicións e booktrailers dos demais grupos da clase. Avalía os booktrailers empregando esta rúbrica.

Avaliación do booktrailer
 Fantástico!BenPodería mellorarse...Cómpre repetilo
ContidoO booktrailer achéganos ao argumento da historia e aos seus protagonistas, dá detalles interesantes e consegue crear expectación e ganas de saber que ocorrerá. (2.5)O booktrailer achéganos ao argumento da historia e aos seus protagonistas, dá detalles interesantes pero non consegue crear expectación. (2)O booktrailer achéganos ao argumento da historia, pero inclúense detalles que non son interesantes e non convidan a ler o libro. (1.50)O booktrailer non deixa claro cal é o argumento da historia, dá detalles sen conexión e non crea expectación. (1)
PresentaciónEmpréganse imaxes e sons axeitados; o deseño está moi coidado e é un vídeo creativo e orixinal. (2.5)Empréganse imaxes e sons axeitados; é un vídeo creativo e orixinal, pero presenta algúns descoidos no deseño. (2)Empréganse imaxes e sons axeitados; o deseño está pouco coidado e é un vídeo pouco orixinal. (1.50)A presentación é descoidada: poderían escollerse imaxes e sons máis acaídos, non se coida o deseño e o vídeo non é orixinal. (1)
LinguaO texto oral presenta unha dicción ben coidada. O texto escrito non presenta erros gramaticais nin ortográficos. (2.5)O texto oral presenta unha dicción coidada. O texto escrito presenta ata tres erros gramaticais ou ortográficos. (2)Podería mellorarse a dicción do texto oral. O texto escrito presenta ata 4 erros gramaticais ou ortográficos. (1.50)Podería mellorarse a dicción do texto oral e o texto escrito presenta máis de cinco erros. (1)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Como funcionou o voso equipo?

Ao longo deste REA realizastes múltiples tarefas co mesmo grupo: a análise da obra, a recensión, o booktrailer, a maquetación e edición da revista... É o momento de valorar o desenvolvemento e os resultados do voso traballo en equipo.

Como funcionou o equipo?
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Participación e colaboraciónTodos os membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demáis. (4)A maior parte dos membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demais. (3)A metade dos membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudándose entre si. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) participou de forma activa nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre eles. (1)
Distribución das tarefasAs tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (4)A maior parte das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (3)Só a metade das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (2)Houbo un reparto moi desigual das tarefas entre os diferentes membros do equipo. (1)
Integración entre os membros do equipoDurante a realización de todas as tarefas, os membros do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións dos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (4)Durante a realización da maior parte das tarefas, os membros do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron aos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (3)Durante a realización das tarefas, só a metade dos membros do equipo expresaron libremente as súas opinións, escoitaron as dos demais e lograron poñerse de acordo. (2)Durante a realización das tarefas, só un membro do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e impúxose a opinión dunha soa persoa. (1)
Asunción de funcións e responsabilidadesTodos os membros do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección as súas responsabilidades. (4)A maior parte dos membros do equipo exerceu as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (3)Só a metade dos compoñentes do equipo exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1)

CEDEC. Como funcionou o equipo? (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Que aprendiches?

Ao longo deste REA desenvolviches diferentes tarefas ata chegar ao reto final: escribir e publicar unha revista literaria.

No seguinte esquema atoparás un resumo do que aprendiches para acadar o reto. 

NESTE REA APRENDICHES A...

1. Analizar e opinar sobre obras narrativas

Identificar e explicar os difentes elementos dun texto narrativo

Aprender a identificar os diferentes tipos de narrador, os personaxes, o tempo, o espazo...

Opinar sobre unha obra narrativa

Dar unha opinión ben argumentada sobre unha obra. 

2. Crear contidos relacionados con obras narrativas

Escribir unha recensión dun libro

Crear un texto no que se dá a información principal e a valoración dun libro. 

Crear un booktrailer

Crear un vídeo para promocionar un libro.

Redactar novos textos literarios

Escribir unha secuela, unha precuela, unha noticia... 

3. Elaborar unha revista literaria

Maquetar

Decidir as seccións da revista, procurar as ilustracións, darlle un formato conxunto a todas as partes... 

Editar

Revisar e corrixir os textos. 

4. Divulgar unha revista

Coñecer as comunidades nas que se fala o éuscaro e o catalán

Coñecer aspectos básicos destas linguas e dos seus territorios. 

Comunicarte mediante carta

Coñecer este medio de comunicación e diferenciar as súas partes. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)