Glosario
Glosario
Narrador

Definición:
O narrador é un personaxe máis dun conto ou dunha novela. Pode ser ou ben un dos personaxes que aparecen na historia e a vive desde dentro ou ben un personaxe que non viviu a historia pero sabe o que pasou e nola vai contando. No primeiro caso, chámaselle "narrador interno" e adoita falar en primeira persoa; no segundo caso, chámaselle "narrador externo" e adoita falar en terceira persoa.
Exemplo:
A narradora desta novela é a filla da protagonista, que fala en terceira persoa e nos vai contando a historia da súa nai desde que era pequena.
Texto narrativo

Definición:
Un texto narrativo é un texto literario que se caracteriza por ter un narrador que nos conta os feitos que foron sucedendo na historia. Hai distintos tipos de textos narrativos segundo o tema do que falen, a extensión que teñan ou a intención con que se narren.
Exemplo:
Unha fábula e unha novela son textos literarios, pero teñen finalidades e extensións distintas.
Personaxe

Definición:
Os personaxes son cada unha das persoas imaxinarias que forman parte da historia que se conta nun texto literario. Ademais de persoas, tamén poderían ser animais ou cousas.
Exemplo:
O lobo do conto da carapuchiña é un exemplo de personaxe non humano.