| Participación e colaboración | Participei activamente no desenvolvemento da parte da que me responsabilicei e colaborei co resto do grupo. (4) | Desenvolvín as tarefas do proxecto das que me responsabilicei ao comezo do proxecto e colaborei, algunha vez, co resto do grupo. (3) | Desenvolvín as tarefas do proxecto das que me responsabilicei ao comezo do proxecto, mais non colaborei co resto do grupo. (2) | Non conseguín desenvolver todas as tarefas da miña responsabilidade, polo que tiveron que desenvolvelas os meus compañeiros e compañeiras (1) |
|---|
| Distribución das tarefas | Participei activamente no reparto das tarefas e respectei, en todo momento, as decisións dos compañeiros e compañeiras. (4) | Participei no reparto das tarefas e respectei, a meirande parte das veces, as decisións dos compañeiros e compañeiras. (3) | Participei no reparto das tarefas mais, non sempre, respectei as decisións dos compañeiros e compañeiras. (2) | Participei algo no reparto das tarefas e, poucas veces, respectei as decisión dos compañeiros e compañeiras. (1) |
|---|
| Investigación | Colaborei sempre na procura da información, para a elaboración do traballo de grupo, investigando nas redes; consultando os fondos da biblioteca do centro e as existentes no noso concello; preguntando á veciñanza; percorrendo a contorna do centro coas miñas compañeiras e compañeiros. Este traballo desenvolvino sempre de forma coordinada con eles. (4) | Colaborei bastante na procura da información, para a elaboración do traballo de grupo, investigando nas redes; consultando os fondos da biblioteca do centro e as existentes no noso concello; preguntando á veciñanza; percorrendo a contorna do centro coas miñas compañeiras e compañeiros. Este traballo desenvolvino sempre de forma coordinada con eles. (3) | Colaborei algo na procura da información, para a elaboración do traballo de grupo, investigando nas redes; consultando os fondos da biblioteca do centro, pois a investigación debe limitarse ao espazo escolar. Este traballo desenvolvino case sempre de forma coordinada coas miñas compañeiras e compañeiros. (2) | Colaborei algo na procura da información, para a elaboración do traballo de grupo, investigando nas redes; consultando os fondos da biblioteca do centro, pois a investigación debe limitarse ao espazo escolar. Este traballo desenvolvino de forma pouca coordinada coas miñas compañeiras e compañeiros. (1) |
|---|
| Utlización de programas informáticos | Para a elaboración da infografía, código QR ou o itinerario cultural, procurei investigar e preguntar as miñas dúbidas, ao profesor ou profesora, para o uso correcto dos programas precisos, buscando solucións coordinadas co grupo. (4) | Para a elaboración da infografía, código QR ou o itinerario cultural, procurei investigar e preguntar as miñas dúbidas, ao profesor ou profesora, para o uso correcto dos programas precisos, mais dun xeito individual. (3) | Para a elaboración da infografía, código QR ou o itinerario cultural só preciso a información de internet para resolver as miñas dúbidas. (2) | O uso destes programas resúltame moi difícil de entender e prefiro que os usen os meus compañeiros e compañeiras. (1) |
|---|
| Creatividade e deseño | O noso traballo é moi orixinal, pois deseñamos a guía, infografía e códigos QR con moitos detalles, información e imaxes. (4) | O noso traballo é bastante orixinal, pois deseñamos a guía, infografía e códigos QR con bastantes detalles, información e imaxes. (3) | O noso traballo é pouco orixinal, pois deseñamos a guía, infografía e códigos QR con suficientes detalles, información e imaxes. (2) | O noso traballo non é nada orixinal, pois copiamos modelos de guía, infografía e códigos QR con poucos detalles, información e imaxes. (1) |
|---|
| Difusión do traballo | Colaborei activamente na presentación do noso traballo e na súa difusión. (4) | Colaborei bastante na presentación do noso traballo e na súa difusión. (3) | Colaborei suficiente na presentación do noso traballo e na súa difusión. (2) | Colaborei pouco na presentación do noso traballo e na súa difusión. (1) |
|---|
| Calidade final do traballo | O resultado foi un traballo moi bo, polo aprendido, pola implicación do grupo e pola valoración positiva das persoas que o consultaron. (4) | O resultado foi un traballo bastante bo, polo aprendido, pola implicación do grupo e pola valoración bastante positiva das persoas que o consultaron. (3) | O resultado foi un traballo algo bo, polo aprendido, pola implicación do grupo e polo reducido interese das persoas que o consultaron. (2) | O resultado foi un traballo pouco positivo, polo aprendido, pola implicación do grupo e polo escaso interese das persoas que o consultaron. (1) |
|---|