Saltar navegación

4. Novas tecnoloxías para cousas non tan novas

Chegou a hora da verdade!

Ben, agora sodes expertos e expertas na Idade Media e no seu patrimonio, así que toca defender o voso!

O reto que tedes diante non é doado, pero cos coñecementos adquiridos ate o de agora, poderedes saír vitoriosos e vitoriosas desta xesta.

Do que se trata é de que coñezades e que compartades os vosos coñecementos sobre o patrimonio medieval da vosa contorna. Para conseguilo tedes que escoller un ou varios monumentos e unha das opción de reto que se vos propoñen a continuación: facer unha infografía, uns códigos QR con información dos monumentos ou un roteiro cultural pola vosa contorna. Podedes ser tan creativos e creativas como queirades, pero non descoidedes a investigación!

Para cada un dos apartados tedes unha rúbrica que indica como deberían ser os produtos finais.

Imos a por todas!

Unha infografía con moito estilo!

Como facer a infografía

No seguinte vídeo tes un titorial sobre o uso da ferramenta LibreOffice Impress. Comprobarás que é moi sinxelo:

Que temos que recoller nesta infografía?

Na Infografía debes usar imaxes relacionadas coa túa contorna, centrándoas nun exemplo de arte medieval, (pintura, escultura ou arquitectura). Este pode ser tanto do Románico, coma do Gótico.

Por exemplo, unha vez que teñas seleccionado e exemplo, podes falar da zona onde se atopa, a súa relación, ou non con Camiño de Santiago, incluír fotografías, debuxos. Toda a información posible para que os teus compañeiros e compañeiras, sexan quen de visualizar a maior información posible. Acompáñaas de textos breves, datas, nomes, características do estilo que aprecies no teu exemplo... Todo con moito estilo!.

No caso de que non haxa ningún exemplo de arte medieval na túa contorna próxima, busca algún exemplo nas bisbarras veciñas!!.

Resumindo

  1. Cada membro do grupo traballará unha parte da infografía.
  2. A infografía deberá conter as seguintes características:
    • Un título, o nome do fito a estudar. 
    • Texto e imaxes que amosen a información máis salientable do mesmo.
    • Todas as imaxes deberán levar un pequeno texto explicativo, nome, estilo, localización...
    • Podes escoller  tipos de letra que impacten para os títulos e máis lexibles para as explicacións coma  Arial, Times New Roman ou Verdana.
    • Crea unha xerarquía no texto con tres estilos de fonte diferentes. O tamaño da letra será de 22 para o título, un segundo grao de importancia da información, emprega o tamaño 15 e  12 para o corpo de texto.
    • Usa liñas, bordos e formas para agrupar a información relacionada.
    • Escolle unha cor que contraste con todos as outras cores do gráfico e úsao para destacar a información máis importante.
    • Usa imaxes, fotografías, iconas e ilustracións para facer que as túas mensaxes máis importantes sexan memorables
    • Podes incluír vídeos e ligazóns a páxinas relacionadas, que poidan axudar a unha mellor comprensión do tema.
    • Nun faldrón ou apartado final debes incluír a webgrafía e bibliografía usada na presentación.

    Lectura facilitada

    Na Infografía debes usar imaxes relacionadas coa túa contorna,

    centrándoas nun exemplo de arte medieval, (pintura, escultura ou arquitectura).

    Este pode ser tanto do Románico, coma do Gótico.

    Por exemplo, unha vez que teñas seleccionado o tema,

    podes falar da zona onde se atopa, a súa relación,

    ou non con Camiño de Santiago, incluír fotografías, debuxos.

    Toda a información posible para que os teus compañeiros e compañeiras,

    sexan quen de visualizar a maior información posible. Todo con moito estilo!.

    No caso de que non haxa ningún exemplo de arte medieval na túa contorna próxima,

    busca algún exemplo nas bisbarras veciñas!!.

    Visiona o vídeo para ter unha guía para a realización da infografía: 

    • A infografía deberá conter as seguintes características: Un título, o nome do fito a estudar. 
    • Emprega texto e imaxes que amosen a información máis salientable do mesmo.
    • Todas as imaxes deberán levar un pequeno texto explicativo, nome, estilo, localización....
    •  O tamaño da letra será de 22 para o título, un segundo grao de importancia da información, emprega o tamaño 15 e  12 para o corpo de texto.
    • Usa liñas, bordos e formas para agrupar a información relacionada.
    • Escolle unha cor que contraste con todas as outras cores do gráfico.
    • Usa imaxes, fotografías, iconas e ilustracións para facer que as túas mensaxes máis importantes sexan memorables.
    • Nun apartado final  debes incluír a webgrafía e bibliografía usada na presentación.
       

    Como avaliar a infografía?

    Rúbrica para a avaliación da infografía. (4x5)
     ExcelenteBoAceptableBaixo
    ContidoA infografía inclúe información moi clara, precisa e detallada sobre os aspectos principais. (4)A infografía inclúe información clara, precisa e detallada sobre os aspectos principais. (3.2)A infografía inclúe información axeitada, pero falta profundidade e claridade nalgúns aspectos principais. (2.4)A infografía inclúe información moi básica, pero non profundiza nos aspectos principais. (1.6)
    EstruturaA infografía ten unha estrutura moi clara e os contidos organízanse de forma excelente. (3)A infografía ten unha estrutura clara e os contidos organízanse de forma coherente. (2.4)A infografía ten unha estrutura máis ou menos clara e os contidos organízanse de xeito irregular. (1.8)A infografía non ten unha estrutura organizada e pouco clara e os contidos non están organizados. (1.2)
    DeseñoO deseño da infografía é excelente. Utilízanse imaxes, efectos e elementos visuais moi orixinais e efectistas. (1)O deseño da infografía é moi bo. Utilízanse imaxes, efectos e elementos visuais orixinais e efectistas. (0.8)O deseño da infografía é bo. Utilízanse imaxes, efectos e elementos visuais axeitados. (0.6)O deseño da infografía non é bo. Apenas se utilizan imaxes, efectos ou elementos visuais. (0.4)
    Ortografía e gramáticaA infografía non contén erros ortográficos nin gramáticais. O contido enténdese moi ben. (1)A infografía non contén apenas erros ortográficos nin gramáticais. O contido enténdese ben. (0.8)A infografía contén algúns erros ortográficos e gramáticais. Hai partes do contido con certa dificultade de comprensión. (0.6)A infografía contén moitos erros ortográficos e gramáticais. O contido é de difícil comprensión. (0.4)
    Traballo en grupoO alumno/a colabora activamente no grupo, contribúe significativamente e mostra respecto polas ideas dos demais. (1)O alumno/a participa eficazmente no grupo e mostra respecto polas ideas dos demais. (0.8)O alumno/a participa dun xeito básico no grupo e mostra certa colaboración. (0.6)O alumno/a non colabora eficazmente no grupo e mostra falta de respecto polas ideas dos demais. (0.4)

    Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica para a avaliación da infografía. (4x5) (CC BY-NC-SA)

    • Actividade
    • Nome
    • Data
    • Puntuación
    • Notas
    • Reiniciar
    • Imprimir
    • Aplicar
    • Nova xanela

    Imos profundar máis!

    Como crear un QR?

    Seguramente estades acostumados/as a ver un QR, en publicidade, restaurantes etc....Crealos é moi doado. Nun QR pódese almacenar moita información e ao ser escaneado, cun móbil por exemplos accedemos a eses contidos. Poden ser infografías, como a que ides a facer, podcasts, sons.....Por si non sabes o que é, aquí tes un vídeo onde se explica perfectamente:

    Que debe incluír o QR ?

    Como proposta, podes vincular o QR a vosa infografía, na que incluístes toda a información sobre o voso caso de estudo. 

    Que tes que ter en conta á hora de crear o teu QR?

    1. Buscar e enlazar información veraz e histórica sobre o fito artístico a estudar. Datas de influencia sobre a contorna, características do estilo artístico, evolución ao longo do tempo....
    2. Inclúe outros contidos dentro dos contidos. Por exemplo, partindo da infografía realizada no punto anterior, enlaza sobre ela, os datos, vídeos, lendas que atopes sobre o particular
    3. Fai que os novos contidos sexan variados e sorprendentes!
    4. Inclúe a súa localización vía GPS.

        Lectura facilitada

        Para crear o teu QR.

        • Emprega a infografía como base da nova información.
        • Hai que buscar e enlazar información veraz e histórica sobre o fito artístico a estudar.
        • Datas da influencia sobre a contorna, características do estilo artístico, evolución ao longo do tempo....
        • Inclúe outros contidos dentro dos contidos. Por exemplo, partindo da infografía realizada no punto anterior, enlaza sobre ela, os datos, vídeos, lendas que atopes sobre o particular.
        • Fai que os novos contidos sexan variados e sorprendentes!
        • Inclúe a súa localización vía GPS.

        Como avaliar a realización do QR?

        Rúbrica para a avaliación do QR (4x5)
         ExcelenteBoAceptableBaixo
        CONTIDO HISTÓRICOO QR presenta información moi completa, detallada e profunda. (4)O QR presenta información completa, detallada e profunda do exemplo seleccionado. (3.2)O QR presenta información básica e algo detallada dos principais aspectos do exemplo proposto. (2.4)O QR presenta información escasa ou incompleta dos principais aspectos da obra de arte selecionada. (1.6)
        ESTRUTURAO contido está moi ben estruturado partindo da infografía, vai encaixando contidos novos. (2)O contido está ben estruturado. Hai pouco contido ou só a infografía. (1.6)O contido ten unha estrutura algo confusa. (1.2)O contido ten unha estrutura pobre ou caótica. (0.8)
        CALIDADE DOS CONTIDOSOs contidos son excelentes, variados e sorprendentes. Fomentan a investigación propia e inspiran á reflexión e a crítica. (2)Os contidos son bos e variados. Fomentan a investigación propia e inspiran á reflexión e a crítica. (1.6) Os contidos son breves e pouco variados. pero fomentan a investigación propia. (1.2)Os contidos escasos ou inexistentes e non inspiran ningunha reflexión ou crítica, nin fomentan a investigación propia. (0.8)
        ORGANIZACIÓN DOS CONTIDOSEstán organizados dun xeito, claro e informativo (1)Os contidos son claros e doados de seguir. (0.8)Os contidos son pouco claros e algo confusos. (0.6)Os contidos son confusos ou non existen. (0.4)
        TRABALLO EN GRUPOO alumno/a colabora activamente no grupo, contribúe significativamente e mostra respecto polas ideas dos demais. (1)O alumno/a participa eficazmente no grupo e mostra respecto polas ideas dos demais. (0.8)O alumno/a participa dun xeito básico no grupo e mostra certa colaboración. (0.6)O alumno/a non colabora eficazmente no grupo e mostra falta de respecto polas ideas dos demais (0.4)

        Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica para a avaliación do QR (4x5) (CC BY-NC-SA)

        • Actividade
        • Nome
        • Data
        • Puntuación
        • Notas
        • Reiniciar
        • Imprimir
        • Aplicar
        • Nova xanela

        Imos de roteiro!

        Como facer roteiro histórico-artístico?

        Esta tarefa vaivos permitir crear un roteiro virtual, para facer unha visita real, ao exemplo seleccionado para o seu estudo.  Aquí tes un titorial que che explica, paso a paso, todo o que debes facer para crear un roteiro.

        Que incluír no roteiro?

        Como xa viches no vídeo, o proceso de elaboración deste roteiro é moi simple e pódense elaborar contidos moi creativos. Como proposta para este traballo podes elaborar unha imaxe dun obxecto artístico seleccionado e enriquecelo á súa vez con novas imaxes das partes máis salientables do conxunto. Podes intentar a súa vez vinculalo a un QR para facelo máis dinámico e con máis estilo!!

        Como xa tes o apoio do vídeo, imos repasar algúns aspectos básicos á hora de ter en conta a elaboración do roteiro:

        1. Unha vez iniciada a sesión creade un proxecto e dádelle un título.
        2. Etiquetádeo na categoría de Historia.
        3. Selecciona a foto ou fotos sobre as que elaborar un roteiro, e subídeas a aplicación.
        4. Engadide fotos que as enriquezan, novas fotos, ilustracións, detalles, características do estilo....
        5. Publicar.
        6. Nun exercicio de estilo creade un QR co itinerario para facelo máis manexable e dinámico.

          Lectura facilitada

          Crear un roteiro con Google Tour Creator:

          • Iniciar a sesión e crear un proxecto e poñerlle un título.
          • Etiquetar na categoría de Historia.
          • Seleccionar a foto ou fotos sobre as que elaborar un roteiro.
          • Subir á aplicación.
          • Engadir fotos que as enriquezan, novas fotos, ilustracións, detalles, características do estilo....
          • Publicar.
          • Crear un QR co itinerario para facelo máis manexable e dinámico.
             

          Como avaliar o roteiro?

          Rúbrica de avaliación do roteiro (4x5)
           ExcelenteBoAceptableBaixo
          CONTIDO HISTÓRICOO roteiro presenta información histórica e artística moi detallada e precisa. (4)O roteiro presenta información histórica e artística detallada. (3.2)O roteiro presenta información histórica e artística básica. (2.4)O roteiro apenas presenta información histórica e artística. (1.6)
          ESTRUTURAO contido está moi ben estruturado, é claro e atractivo. (2)O contido está ben estruturado, é claro e atractivo. (1.6)O contido ten unha estrutura algo confusa, e non é moi atractivo. (1.2)O contido ten unha estrutura pobre ou caótica. (0.8)
          CLARIDADE DOS CONTIDOSOs contidos son excelentes, variados e sorprendentes. Fomentan a investigación propia e inspiran á reflexión e a crítica. (2)Os contidos son bos e variados. Fomentan a investigación propia e inspiran á reflexión e a crítica. (1.6)Os contidos son breves e pouco variados. pero fomentan a investigación propia. (1.2)Os contidos escasos ou inexistentes e non inspiran ningunha reflexión ou crítica, nin fomentan a investigación propiA. (0.8)
          PRODUCIÓNRealización e calidade das imaxes excelente. (1)Realización e calidade da imaxe boa. (0.8)Realización e calidade da imaxe algo deficiente. (0.6)Realización e calidade da imaxe moi deficiente. (0.4)
          TRABALLO EN GRUPOO alumno/a colabora activamente no grupo, contribúe significativamente e mostra respecto polas ideas dos demais. (1)O alumno/a participa eficazmente no grupo e mostra respecto polas ideas dos demais. (0.8)O alumno/a participa dun xeito básico no grupo e mostra certa colaboración. (0.6)O alumno/a non colabora eficazmente no grupo e mostra falta de respecto polas ideas dos demais. (0.4)

          Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de avaliación do roteiro (4x5) (CC BY-NC-SA)

          • Actividade
          • Nome
          • Data
          • Puntuación
          • Notas
          • Reiniciar
          • Imprimir
          • Aplicar
          • Nova xanela

          Reflexionamos

          Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaToca acudir de novo ao diario de aprendizaxe! Nesta ocasión tedes que reflexionar sobre como foi o desenvolvemento do reto.

          Podedes guiarvos por estas preguntas para redactar a vosa reflexión:

          • Que foi o máis difícil á hora de conseguir o reto proposto? Que foi o máis sinxelo?
          • Que aprendín durante a elaboración do produto final?
          • Como empreguei os coñecementos que aprendín durante esta unidade?
          • Como foi a miña participación dentro do grupo?
          • Cambiaría algunha cousa se tivera que facer o reto de novo?

          Feito con eXeLearning (Nova xanela)