Saltar navegación

A escultura

Información

Características xerais

A escultura románica ten unha función didáctica moi marcada. O máis importante é transmitir unha mensaxe para crear un referente que ilustre á xente común que, nin era capaz de ler, nin entendía xa o latín no que se misaba. Por iso as principais fontes de inspiración foron os textos bíblicos, tamén os evanxeos apócrifos, que son todos aqueles fora dos catro oficiais (Mateo, Marcos, Lucas e Xoán),  e que están cheos de anécdotas fantásticas da vida de Xesús, moi do gusto das xentes, as lendas de santos e os Bestiarios.

Para iso, para que foran doadamente entendibles polos fieis, as figuras non era necesario que foran bonitas, nin estar proporcionadas, nin ser naturalistas, as figuras debían ser recoñecibles. Para iso, os artistas empregaron unha serie de características que facían posible a súa identificación e a narración das historias sagradas. Trazos moi marcados, cartelas co seu nome, ou un atributo que os identifica na tradición. (por exemplo Pedro leva as chaves, Santiago vai vestido de peregrino.....)

Normalmente as esculturas máis importantes están nas portadas das igrexas, pois era o primeiro que vían os fieis. Ademais, os que non estaban bautizados quedaban fóra, no nártice, de aí a importancia de todo este conxunto. O tema máis repetido era o Xuízo Final, con Cristo no centro rodeado dos catro evanxelistas, os doce apóstolos ou os vinte e catro anciáns da Apocalipse.

Tamén se realizaban tallas en madeira e policromadas para os altares, nas que xeralmente se representaba a crucifixión. Eran moi importantes as esculturas dos capiteis, sobre todo nos claustros, ao redor dos cales camiñaban os monxes mentres lían.  Alí, ademais dos temas relixiosos, representábanse tamén escenas da vida cotiá e, con frecuencia, animais reais ou fantásticos e decoración vexetal. Desta maneira a arte románica tiña un grande simbolismo.

  • Van representar figuras hieráticas, moi ríxidas, sen movementos e sen expresividade.
  • Empregan o que se chama perspectiva xerárquica. As figuras mais importantes son máis altas e destacan sobre o resto.
  • Normalmente as figuras están contidas en formas xeométricas e simétricas. Como o máis importante era a narración, as figuras adáptanse ao marco arquitectónico. Capiteis, tímpanos, xambas..... as figuras atópanse en espazos moi reducidos, sen fondos nin profundidade.
  • Policromía. As figuras, como moitas partes dos edificios estaban pintadas de vivas cores.
Fotografía do Capitel Cristo Truinfante no MAN
Capitel Cristo Truinfante no MAN

Neste exemplo podes ver as características antes mencionadas, menos o uso das cores. O tempo e os fenómenos meteorolóxicos, foron borrando as cores da superficie de pedra.

A figura máis importante é Cristo, que acaba de resucitar, podes ver o seu rostro inexpresivo e un corpo que se dispón en forma de X, algo non moi natural non?

As tres figuras enmárcanse nun capitel, unha peza tronco piramidal invertida, á que se teñen que adaptar, de xeito que as súas posturas son forzadas.

O primeiro románico

Como todo período artístico, e coma vimos coa arquitectura, a escultura románica pasa polas mesmas fases ao longo do tempo, pasando dunhas formas simples, rudas e antinaturais, na fase inicial a unhas formas máis naturais, máis realistas, buscando a beleza das formas en non só a transmitir a mensaxe.

Igual que na arquitectura, as formas clásicas, romanas, serán un elemento de imitación e aprendizaxe, por iso nos lugares onde os restos son máis abundantes, as esculturas románicas son máis realistas, por que teñen exemplos para inspirarse e aprender.

En torno ó Ano mil, en toda Europa, empézase a desenvolver a unha grande actividade construtiva e, xunto con ela, a escultura empeza a desenvolverse como o seu complemento. Ao principio con elementos sinxelos, coma nos canzorros, capiteis ou pequenos elementos nos tímpanos, illados e moi xeométricos. Este é o tipo de escultura que decora os edificios da primeira fase do Románico, durante a primeira metade do século once (XI).

Fotografía do Lintel de Saint-Génis des Fontaines
Lintel de Saint-Génis des Fontaines, Francia

Este exemplo ilustra moi ben a escultura deste período. Figuras esquemáticas, reducida a súa anatomía á mínima expresión, e completamente inexpresivas..... Fai clic na imaxe para ver os detalles. Poderás ver o sinxelo das súas formas e mesmo a forma de "peóns de xadrez", das figuras humanas.

O románico pleno

A comezos do século doce (XII), prodúcese un pulo na escultura, un desenvolvemento do xeito de representar as figuras, con máis volume, e tamén coa súa disposición. Agora non van ser formas illadas, senón que van constituír escenas máis elaboradas, desenvolvendo un carácter narrativo. Vanse representar escenas completas, xeralmente tomadas da Biblia.

Fotografía da Portada de Praterías
Portada de Praterías, Catedral de Santiago de Compostela

Como a escultura segue á arquitectura, vaise ver tamén beneficiada polo desenvolvemento construtivo do século doce (XII). O románico esténdese por Europa, e grazas ao auxe das peregrinacións, créanse ou engrandécese os centros de peregrinación, coma os grandes santuarios de, santa Fe de Conques, San Sernín de Toulousse, San Marcial de Limoges, San Martín de Tours e Santiago de Compostela ao longo das vías do camiño de Santiago.

No tímpano de Santa fe de Conques podes ver que estamos falando xa de un programa iconográfico moito máis complexo. O xuízo Final que se desprega ante os ollos dos fieis.

Unha figura central, O Pantocrátor, que separa aos Xustos dos Pecadores. Podemos ver o Ceo e o Inferno. Nestes grandes centros traballaban obradoiros de construción e escultores que se movían polo Camiño e, que traballaban nas obras que ao seu redor se realizaban. Por iso podemos ver similitudes nas obras en lugares moi distantes entre si, gracias a eses artistas itinerantes. Podes ampliar a foto para ver tódolos detalles.

Fotografía de Santa Fe de Conques
Santa Fe de Conques, Francia (Camiño de Santiago)

Como podes ver neste exemplo, o de San Sernín de Toulousse, as figuras teñen máis volume, as roupaxes son máis plásticas, son máis expresivas e as figuras están ordenadas en pisos. Seguen presentes os principios da escultura románica. As figuras máis importantes son máis grandes, as figuras adáptanse ao marco, ao arco de medio punto, e decórase toda a escena sen deixar espazos para fondos ou paisaxes.

Fotografía do Tímpano de S Sernín de Toulousse
Tímpano de S Sernín de Toulousse, Francia

O románico final

Para comprender esta fase final da escultura románica, como fixemos na arquitectura ímonos fixar no caso de Galicia. Desde finais do século doce (XII) e principios do século trece (XIII), prodúcese a derradeira fase da escultura románica.

É importante que non esquezas, que no mesmo momento na zona de París está xurdindo un novo xeito de construción, unha nova moda, o Gótico, que se irá impoñendo progresivamente para substituír ou influenciar as obras civís e relixiosas de Europa.

A grande obra escultórica deste período en Europa é a realización do peche occidental da catedral de Santiago, o Pórtico da Gloria, chamado así porque representa o tema do Xuízo Final, o tema máis empregado nas portadas románicas. Un Cristo Xuíz que separa a Xustos de Condenados. É o mesmo tema que na portada de Santa Fe de Conques, pero como verás realiza dun xeito moi diferente.

O Pórtico da Gloria, obra do Mestre Mateo, ten unha estrutura tripla. Na arcada da esquerda represéntanse os que morreron antes de coñecer a Cristo. Na arcada central desenvólvese o Xuízo, e na da dereita está o Inferno onde os que non superan o Xuízo sufrirán o castigo.

Esquema do Pórtico da Gloria

Podes ver aquí a arcada central, un parteluz, coa figura do Apóstolo Santiago, soporta o lintel, sobre o que está o tímpano coa representación do Xuízo, coa figura de Cristo mostrando as marcas da súa Paixón.

Ao seu lado e en menos tamaño están os Evanxelistas, os anxos que levan os instrumentos da súa morte, e en menor tamaño as almas dos que están na Gloria.

Fotografía da Arcada central do Pórtico da Gloria

Preme na Imaxe para ver os detalles!!Fotografía do Pórtico da Gloria (detalle)

Preme na Imaxe para ver os detalles!!

Nas arquivoltas, molduras que decoran a cara exterior dun arco, aparecen representados os 24 anciáns do Xuízo final, todos eles tocando, din uns, afinando din outras, cadanseu instrumento musical medieval.

Queres escoitar como soan? Preme na imaxe de abaixo, toma un descanso no Camiño, e escoita.

Fotografía de Músicos afinando no Pórtico da Gloria

Os que van o Inferno sofren castigos relacionados cos seus pecados. Cómenlle as mans aos ladróns, os condenados por gula vense obrigados a comer eternamente boca abaixo....

Fotografía de Condenados arcada dereita
Condenados arcada dereita

Como podes ver, as esculturas de Mateo, son moi diferentes ás de períodos anteriores, son menos ríxidas, máis proporcionadas, son alongadas para os cánones do románico, e destacan por romper esa frontalidade das etapas anteriores, as figuras xíranse, miran, actitudes máis naturais. Son esculturas que son á vez expresivas e naturalistas. 

Son exemplos moi destacados o sorriso do profeta Daniel, ou a severidade do rostro de Cristo, mentres se realiza o Xuízo. As figuras parecen conversar unhas coas outras, dándolle unha maior sensación de vida.

Esta característica foi moi admirada a través dos tempos, desenvolvéndose moito máis no período artístico posterior, o Gótico, e chegando ata a actualidade, coma un exemplo a xenialidade de Mateo.

Rosalía de Castro no século dezanove (XIX) escribiu:

védeos!, parece
qu´os labios moven, que falan quedo
os uns cos outros, e aló n´altura
do ceu a música vai dar comenzó,
pois os gloriosos concertadores tempran risoños os instrumentos

Lectura facilitada

A escultura románica ten unha función didáctica,

o máis importante é transmitir unha mensaxe relixiosa.

As principais fontes de inspiración foron os textos bíblicos.

 As figuras debían ser recoñecibles.

As esculturas están nas portadas das igrexas.

O tema máis repetido era o Xuízo Final,

con Cristo no centro rodeado dos catro evanxelistas,

os doce apóstolos ou os vinte e catro anciáns da Apocalipse.

Van representar figuras hieráticas, moi ríxidas, sen movementos e sen expresividade.

Empregan a perspectiva xerárquica. As figuras mais importantes son máis altas e destacan sobre o resto.

Normalmente as figuras están contidas en formas xeométricas e simétricas.

Policromía. As figuras, como moitas partes dos edificios estaban pintadas de vivas cores.

Vídeo interactivo

com/watch?v=mNxVVFejXC4

Selecciona a resposta correcta

Escolle as respostas correctas e preme o botón Comprobar.

undefined
%E9%B0%F3%E1%FB%F5%FC%F3%E6%E7%E0%F3%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B0%BE%B0%F7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%FB%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E0%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%D7%EA%F7%B0%A8%B0%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%D7%E1%F1%FD%FE%FE%F7%B7%A0%A2%F3%E1%B7%A0%A2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B7%A0%A2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B7%A0%A2%F7%B7%A0%A2%E2%E0%F7%FF%F7%B7%A0%A2%FD%B7%A0%A2%F0%FD%E6%B7%D4%A1%FC%B7%A0%A2%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%BC%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%D7%E1%F1%FD%FE%FE%F3%B2%F3%E1%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%F7%B2%E2%E0%F7%FF%F3%B2%FD%B2%F0%FD%E6a%FC%B2%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%BC%B2%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%C0%F3%FF%F6%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F3%FC%E1%E5%F7%E0%E1%C0%F3%FF%F6%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%FB%FF%F7%C1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A1%BE%B0%E7%E1%F7%DE%FB%E4%F7%E1%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DE%FB%E4%F7%E1%B0%A8%A1%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%E1%F7%FE%F7%F1%E6%E1%D5%F3%FF%F7%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A6%BE%B0%E6%EB%E2%F7%C1%F7%FE%F7%F1%E6%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%DF%DD%DC%DC%DB%D7%C0%BF%D1%DD%C7%D7%D6%DD%C0%A8%B2%D3%F0%F0%F3%EB%F7%B2%F6%F7%B2%C1%E6%B2%D0%F7%FC%FD%FB%E6%B2%E1%E7%E0%B2%DE%FD%FB%E0%F7%BC%B2%D1%D1%B2%D0%CB%BF%C1%D3%B2%A1%BC%A2%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%B2%F7%FC%B2%FE%F3%B2%E6%FD%E0%E0%F7%B2%F6%F7%FE%B2%E2a%E0%E6%FB%F1%FD%B2%F6%F7%B2%FE%F3%B2%F3%F0%F3%F6%7F%F3%B2%F6%F7%B2%C1%E6%B2%D0%F7%FC%FD%FB%E6%B2%E1%E7%E0%B2%DE%FD%FB%E0%F7%BC%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A7%A3%A7%E2%EA%BF%D3%F0%F0%F3%EB%F7%CD%F6%F7%CD%C1%E6%CD%D0%F7%FC%FD%FB%E6%CD%E1%E7%E0%CD%DE%FD%FB%E0%F7%CD%C2%FD%E0%F1%FA%F7%CD%BA%A1%BB%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%FB%E6%B0%A8%BF%A3%BE%B0%F7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%BF%A3%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%FD%E7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%FF%F3%F5%F7%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F4%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E6%C1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%EA%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DD%F0%E1%F7%E0%E4%F3%B2%F7%E1%E6%F7%B2%F1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%BC%BC%BC%BC%C3%E7%F7%B2%F1%F3%E0%F3%F1%E6%F7%E0%7F%E1%E6%FB%F1%F3%E1%B2%F6%F3%B2%F7%E1%F1%E7%FE%E6%E7%E0%F3%B2%E0%FD%FFs%FC%FB%F1%F3%B2%E2%FD%F6%F7%E1%B2%FB%F6%F7%FC%E6%FB%F4%FB%F1%F3%E0%AD%B2%C2%FD%F6%F7%B2%FA%F3%F0%F7%E0%B2%FFs%FB%E1%B2%F6%F7%B2%E7%FC%FA%F3%BC%B0%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%C9%B0%DA%FB%F7%E0%F3%E6%FB%E1%FF%FD%B0%BE%B0%DA%F3%E0%FF%FD%FC%7F%F3%B0%BE%B0%D0h%E1%E3%E7%F7%F6%F3%B2%F6%F3%B2%F0%F7%FE%F7%E8%F3%B0%BE%B0%D3%F6%F3%E2%E6%F3%F1%FBa%FC%B2%F3%FD%B2%FF%F3%E0%F1%FD%B0%CF%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D3%D6%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%A1%A7%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A6%BE%B0%E6%EB%E2%F7%C1%F7%FE%F7%F1%E6%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%DF%DD%DC%DC%DB%D7%C0%BF%D1%DD%C7%D7%D6%DD%C0%A8%B2%D3%F0%F0%F3%EB%F7%B2%F6%F7%B2%C1%E6%B2%D0%F7%FC%FD%FB%E6%B2%E1%E7%E0%B2%DE%FD%FB%E0%F7%BC%B2%D1%D1%B2%D0%CB%BF%C1%D3%B2%A1%BC%A2%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%B2%F7%FC%B2%FE%F3%B2%E6%FD%E0%E0%F7%B2%F6%F7%FE%B2%E2a%E0%E6%FB%F1%FD%B2%F6%F7%B2%FE%F3%B2%F3%F0%F3%F6%7F%F3%B2%F6%F7%B2%C1%E6%B2%D0%F7%FC%FD%FB%E6%B2%E1%E7%E0%B2%DE%FD%FB%E0%F7%BC%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A7%A3%A7%E2%EA%BF%D3%F0%F0%F3%EB%F7%CD%F6%F7%CD%C1%E6%CD%D0%F7%FC%FD%FB%E6%CD%E1%E7%E0%CD%DE%FD%FB%E0%F7%CD%C2%FD%E0%F1%FA%F7%CD%BA%A1%BB%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%FB%E6%B0%A8%BF%A3%BE%B0%F7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%BF%A3%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%FD%E7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%FF%F3%F5%F7%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F4%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E6%C1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%EA%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C3%E7%F7%B2%F7%E1%F1%F7%FC%F3%B2%E6%F7%B2%E2%F3%E0%F7%F1%F7%B2%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6s%B2%E0%F7%E2%E0%F7%E1%F7%FC%E6%F3%F6%F3%B2%FC%FD%B2%F1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%AD%B0%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%C9%B0%D3%B2%DC%F3%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B0%BE%B0%D3%B2%F4%E7%EA%FB%F6%F3%B2%F3%B2%D7%EA%FB%E2%E6%FD%B0%BE%B0%DD%B2%CA%E7%FB%E8%FD%B2%D4%FB%FC%F3%FE%B0%BE%B0%D3%B2%C2%F3%FB%EAa%FC%B0%CF%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D0%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%A1%A7%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A6%BE%B0%E6%EB%E2%F7%C1%F7%FE%F7%F1%E6%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D7%E2%FB%F7%E0%E0%F7%A8%B2%D3%F0%F3%F6%7F%F3%B2%F6%F7%B2%D1%FE%E7%FC%EB%B2%BA%D4%E0%F3%FC%F1%FB%F3%BB%BC%B2%D1%D1%B2%D0%CB%BF%C1%D3%B2%A3%BC%A2%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D1%FE%E7%FC%EB%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%D4%C0%BF%D1%FE%E7%FC%EB%BF%D3%F0%F0%F3%EB%F7%BF%A0%A4%A6%A1%BF%A2%A2%A1%A4%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%FB%E6%B0%A8%BF%A3%BE%B0%F7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%BF%A3%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%FD%E7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%FF%F3%F5%F7%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F4%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E6%C1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%EA%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%F1%FA%F3%FF%F3%B2%FD%B2%F7%FE%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%F7%FE%FB%E2%E6%FB%F1%FD%B2%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6s%B2%F6%F7%E6%E0%F3%E1%B2%F6%F3%B2%F4%FB%F5%E7%E0%F3%AD%B0%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%C9%B0%DB%FF%E2%FD%E1%E6%F3%B0%BE%B0%D4%E0%FB%E1%FD%B0%BE%B0%DF%F3%FC%F6%FD%E0%FE%F3%B0%BE%B0%D1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%B0%CF%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D1%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%A1%A7%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A6%BE%B0%E6%EB%E2%F7%C1%F7%FE%F7%F1%E6%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D8%F3%F1%FB%FC%E6%F3%B2%DE%FE%E7%F1%FA%B2%C4%F3%FE%F7%E0%FD%A8%B2%D1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%B2%D1%E0%FB%E1%E6%FD%B2%C6%E0%FB%E7%FC%F4%F3%FC%E6%F7%B2%FC%FD%B2%DF%D3%DC%B2%BA%D1%D1%B2%D0%CB%BF%C1%D3%BB%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%B2%D1%E0%FB%E1%E6%FD%B2%E6%E0%FB%E7%FC%F4%F3%FC%E6%F7%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A3%A4%A6%A1%A7%AA%AB%A2%AA%A6%AA%CD%AB%A1%A2%F7%AA%F6%F3%A5%F7%F6%CD%F0%BC%A3%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%FB%E6%B0%A8%BF%A3%BE%B0%F7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%BF%A3%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%FD%E7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%FF%F3%F5%F7%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F4%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E6%C1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%EA%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DC%F7%E1%E6%F7%B2%F1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%BE%B2%E3%E7%F7%B2%F6h%F3%E1%B2%F1%F3%E0%F3%F1%E6%F7%E0%FB%E1%E6%FB%F1%F3%E1%B2%F3%E6%FD%E2%F3%FF%FD%E1%B2%F6%F3%B2%F7%E1%F1%E7%FE%E6%E7%E0%F3%B2%E0%FD%FFs%FC%FB%F1%F3%AD%B0%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%C9%B0%D7%E1%E3%E7%F7%FF%F3%B2%EA%F7%FD%FF%7B%E6%E0%FB%F1%FD%B0%BE%B0%C2%F7%E0%E1%E2%F7%F1%E6%FB%E4%F3%B2%EA%F7%E0s%E0%E3%E7%FB%F1%F3%BC%B0%BE%B0%C2%E0%FD%E2%FD%E0%F1%FBa%FC%E1%B0%BE%B0%D1%FD%FF%E7%FC%FB%F1%F3%F1%FBa%FC%B2%F7%FC%E6%E0%F7%B2%F3%E1%B2%F4%FB%F5%E7%E0%F3%E1%B0%CF%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D0%D3%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%A1%A7%EF%CF%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A3%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F5%F3%FF%F7%DF%FD%F6%F7%B0%A8%A3%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%FD%E0%F6%F7%E0%B0%A8%A2%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%DF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A1%BC%A3%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%FA%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FF%FD%F6%F7%D0%FD%F3%E0%F6%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%E1%F7%F5%E7%FB%FF%F7%FC%E6%FD%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A3%A0%A4%A0%A3%A6%A1%A1%A1%BF%A4%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%C0%F7%F3%F6%EB%B0%A8%B0%C2%E0%F7%E2%F3%E0%F3%F6%FD%AD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E6%F3%E0%E6%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F3%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FF%F7%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D7%FC%E4%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%E6%F7%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%E8%F3%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%FC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D5%F3%FF%F7%DD%E4%F7%E0%B0%A8%B0%D4%FB%FC%B2%F6%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%7B%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%F7%E5%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F3%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%E7%FC%FA%F3%B2%FC%FD%E4%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DA%F3%E1%B0%A8%B0%C6%F7%E1%B2%B7%A3%B2%F3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B2%F7%B2%B7%A0%B2%F7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%CA%FD%F5%F3%E0%B2%FD%E7%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E3%E7%FB%E0%F7%F6%D3%F1%F1%F7%E1%E1%D9%F7%EB%B0%A8%B0%5B%B2%FC%F7%F1%F7%E1%F3%E0%FB%FD%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%DE%FD%FD%F9%FB%FC%F5%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B2%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%F0%F3%E1%B2%F3%B2%E2%E0%FD%F1%E7%E0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F3%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%D7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%C6%F7%FF%E2%FD%B2%E2%FD%E0%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%7F%E0%B2%F6%F7%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%F7%FC%B2%FB%FF%F3%EA%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FD%FE%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%C6%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%A1%A1%A2%B2%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%E6%DE%FB%E4%F7%E1%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%E6a%F6%F3%FE%F3%E1%B2%E6h%F3%E1%B2%E4%FB%F6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FE%FE%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B2%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B2%DF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B3%B2%EE%B2%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B2%EE%B2%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%DC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%C1%F7%FC%E6%7F%FF%FD%FE%FD%B3%B2%EE%B2%D7%E0%E0%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%E6%DC%F7%E6%E5%FD%E0%F9%B0%A8%B0%D3%B2%F7%E1%E6%F7%B2%EA%FD%F5%FD%B2%E1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%F1%FD%FC%B2%F1%FD%FC%F7%EA%FBa%FC%B2%F3%B2%DB%FC%E6%F7%E0%FC%F7%E6%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%F7%E8%F3%B2%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%BC%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%FC%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%EA%FB%FC%F3%B2%FC%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FC%E1%E5%F7%E0%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E7%E6%FD%E0%7F%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F3%E7%E6%FD%FF%F3%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%7B%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%E1%B2%E2%FD%FE%FD%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%FD%FE%E4%F7%B2%E6%F7%FC%E6%F3%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C4%FB%F6%F7%FD%DB%FC%E6%E0%FD%B0%A8%B0%C4%7F%F6%F7%FD%B2%F6%F7%B2%FB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%E2%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DD%E2%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%FB%F1%F9%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C6%F7%EA%E6%FD%B2%F7%FC%E0%FB%E3%E7%F7%F1%FB%F6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%E1%F7%D4%E7%FE%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%F7%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B2%E3%E7%F7%B2%E1%F7%E0s%B2%FF%FD%FB%B2h%E6%FB%FE%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%F3%F6%FB%FC%F5%B0%A8%B0%D1%F3%E0%F5%F3%FC%F6%FD%BC%B2%D3%F5%F3%E0%F6%F7%u20B4%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%E0%F6%F7%E0%E1%B0%A8%B0%DD%E0%F6%F7%FC%F3%B2%E6a%F6%F3%FE%F3%E1%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F6%FB%F1%F3%E6%F7%C5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C2%E0%FD%E2%FD%E0%F1%FB%FD%FC%F7%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%B2%FD%E7%B2%F7%EA%E2%E0%F7%E1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FD%E4%F7%DD%FC%F7%B0%A8%B0%C2%F3%E1%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%B0%A8%B0%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FBa%FC%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%B0%A8%B0%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FBa%FC%B2%FB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B0%EF%EF
0123
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Sacamos a lupa!

Fíxate na portada de Santa Fe de Conques, coa axuda da lupa observa os diferentes pisos nos que se dispón a narración. Está dividida por franxas horizontais, nestas franxas hai texto que apoia a escena.

No nivel inferior están os Xustos e Condenados, repara que os que están no Paraíso están ordenados, os seus rostros son impasibles e están baixo unhas arcadas de medio punto. Mentres que os Condeados, están en posturas inverosímiles, son moi expresivos....

No nivel medio podes ver O Cristo Xuíz, nunha mandorla, co resto de salvados e condenados. 

No nivel superior os instrumentos da Paixón.

Podes atopar algún destes personaxes:?

  • Un grande demo no centro do inferno.
  • Un rei con coroa.
  • San Pedro con unha chave.
  • Un avaro sendo castigado.

Que efectos cres que exercía na poboación ver este tipo de escenas? Anota as túas conclusións no teu caderno.

Para saber máis

Sabías que o tipo de letra coñecido coma Gallaecia é coñecida pola paleografía coma letra visigótica?. É un tipo de letra que ten gran presenza na parte occidental da metade norte da Península. En Galicia atopámonos cun gran número de referentes, sendo o máis relevante o Pórtico da Gloria  de Santiago de Compostela, gravada no século doce (XII)

Fotografía do Lintel do Pórtico
Lintel do Pórtico da Gloria, Catedral de Santiago de Compostela

Tamén está presente no Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense e igrexas como a de Santa Columba de Rianxo (A Coruña), vila nata de Castelao. Que vaina reinterpretar e crear unha tipografía propia para Galicia.

Hoxe en día, podes descargala para o teu ordenador persoal, como unha fonte tipográfica para o procesador de texto, unindo o século doce (XII) co século vinte e un (XXI).

Fontmeme

Feito con eXeLearning (Nova xanela)