Glosario
Alarife

-
Definición:
-
Arquitectos, mestres de obra ou albaneis árabes.
-
Exemplo:
-
O alarife está construíndo o muro da Alhambra.
Alfiz

-
Definición:
-
Na arquitectura árabe e mudéxar, moldura rectangular exterior, ricamente decorada, que enmarca os arcos.
-
Exemplo:
-
O alfiz do arco de ferradura é rectangular.
Alhambra

-
Definición:
-
Literalmente "Castelo vermello". Nome do palacio granadino que, quizais, deba o seu nome a cor vermella da súa muralla e torres.
-
Exemplo:
-
A Alhambra é o palacio árabe de Granada.
Azulexado

-
Definición:
-
Anaco de azulexo, de distintas formas, recortado para formar parte dunha composición decorativa, que é primeiro debuxada.
-
Exemplo:
-
O azulexado dos baños árabes ten azulexos de cores.
Almorábides

-
Definición:
-
Grupo nómade bereber (monxes guerreiros) que, entre 1086 e 1144, ocuparon e gobernaron o norte de África e Al-Andalus.
-
Exemplo:
-
A tribo almorábide preferiu o cabalo ao camelo.
Alxafería

-
Definición:
-
Palabra árabe que significa "Ledicia". Refírese, na arte hispanomusulmá, á residencia de recreo dos gobernantes dos pequenos reinos taifas.
-
Exemplo:
-
A alxafería está rodeada dunha muralla para defenderse.
Arco de ferradura

-
Definición:
-
Elemento arquitectónico visigodo e árabe ultra semicircular. Tamén chamado arco califal.
-
Exemplo:
-
O arco califal ten forma da ferradura dun cabalo.
Artesoado

-
Definición:
-
Construción de carpintería para cubrir teitos, bóvedas formado por artesóns (elemento decorado con forma poligonal cóncava). Ten forma de artesa invertida. Nas artesas galegas, con similar forma, amasábase o pan nas casas.
-
Exemplo:
-
O artesoado está no teito da catedral.
Califato

-
Definición:
-
Forma de goberno dirixida por un Califa (="Sucesor" de Mahoma), que era o seu líder político, civil e relixioso.
-
Exemplo:
-
O Califato de Córdoba situábase ao sur dos ríos Douro e Ebro.
Caligrama

-
Definición:
-
Poema ou frase, neste caso do Corán, representada como unha figura ou elemento ornamental.
-
Exemplo:
-
O caligrama ten forma de ave.
Islam

-
Definición:
-
"Sumisión a Alá ou Allah". Relixión monoteísta, fundada por Mahoma no s. VII, cuxo deus é Alá e, o seu profeta, Mahoma.
-
Exemplo:
-
O Islam cre en Alá.
Lacería

-
Definición:
-
Decoración en xeso, estuco ou madeira, baseada no trazado de liñas que se entrecruzan formando figuras xeométricas (círculos, estrelas, cadrados, polígonos etc.) Utilizábanse para decorar teitos, paredes, solos ou portas.
-
Exemplo:
-
A Alhambra ten decoración de lacería nas paredes.
Medina

-
Definición:
-
Palabra árabe que significa "cidade do profeta". Nome das cidades medievais árabes, rodeadas de murallas e con rúas estreitas intramuros. A medida que creceron as cidades, Medina limitouse ao casco antigo das mesmas.
-
Exemplo:
-
O templo árabe e as rúas comerciais están na medina antiga.
Mesquita

-
Definición:
-
Edificio relixioso musulmán, orientado cara á cidade da Meca e utilizado como lugar de oración.
-
Exemplo:
-
Os árabes rezan na mesquita.
Mocárabe

-
Definición:
-
Decoración xeométrica da arte musulmá, en xeso ou madeira, con forma de prismas que semellan estalactitas. Decoran bóvedas ou cornixas.
-
Exemplo:
-
Os mocárabes da decoración do teito parecen pingas de auga.
Sebka

-
Definición:
-
Na arquitectura árabe, forma decorativa xeométrica, entrelazada, formada por rombos que cubría muros, arcos ou zócalos.
-
Exemplo:
-
As sebkas son paneis con forma de rombo.
Taifas

-
Definición:
-
Pequenos reinos nos que se dividiu Al-Andalus ao desaparecer o Califato de Córdoba (1031 - 1090) ou o dominio almorábide da Península Ibérica (1144 - 1172).
-
Exemplo:
-
A taifa de Granada foi un pequeno reino independente musulmán.





