Recordamos os inicios da Idade Media cunha liña temporal
Dende o recurso anterior xa estamos plenamente instalados na Idade Media. Neste paseo pola Historia que comezamos o ano pasado, en 1º de ESO, pasamos por moitas etapas, incluído un verán, que de seguro fixo que esqueceramos algunhas cousas. Para solucionalo, imos facer unha parada e refrescar os coñecementos que xa temos aprendidos. Non te preocupes, de seguro que están aí!
Antes da Historia
O Paleolítico.
É o período comprendido entre a aparición do ser humano, que se data entre hai dous millóns e medio de anos antes do presente, ata a invención da escritura, en torno a cinco mil anos antes do presente.
Neste período desenvólvese a hominización, o proceso evolutivo que da lugar ao ser humano moderno.
Como é un período tan amplo divídese á súa vez, en varias subetapas :
Idade de Pedra (Paleolítico, Mesolítico e Neolítico).
Idade dos Metais (Idade do Cobre).
Idade do Bronce e Idade do Ferro.

O Neolítico
Nesta etapa, as sociedades van progresivamente descubrindo a agricultura e gandaría, adoptando un novo modo de vida, sedentario, abandonando as sociedades itinerantes baseadas na caza e a recolección.
Os seres humanos, van a ocupar permanentemente os lugares máis fértiles e cerca de cursos de auga, Oriente medio e a zona de Exipto.
A Historia
Os Primeiros Imperios
_Chamamos primeiros imperios ás zonas que desde o Neolítico foron creando unhas sociedades máis complexas e que se van transformar en novas organizacións sociais, políticas e económicas máis. Creando estados e logo imperios.
Tanto Exipto coma os imperios mesopotámicos, teñen en común a creación de institucións políticas. Faraóns, sacerdotes, exércitos.....xestionaban os abundantes recursos e creaban construcións monumentais, pirámides en Exipto, e cigurats en Mesopotamia.
Son os lugares onde se inventou a escritura, a cuneiforme en Mesopotamia e a xeroglífica en Exipto. con eles comeza a Historia.
A Hélade
Recorda que a Hélade non fai referencia á Grecia actual. A Hélade sitúase na zona meridional do continente europeo sobre o extremo sur da Península Balcánica no litoral do mar Mediterráneo. Este territorio está rodeado polos mares Adriático, Xónico, Mediterráneo, Exeo, Mármara e Negro. Algunhas das cidades máis importantes que se desenvolvesen na Hélade son Knosos, Esparta, Atenas, Argos, Corinto, Tebas, Mileto, Halicarnaso ou Rodas.
O período estudado comprende entre o tres mil (3.000) antes. da Era común e o ( trinta) 30 antes da Era Común.
A climatoloxía na Hélade non favorece o desenvolvemento da agricultura. O cultivo que destaca é o cereal. Por iso, a súa poboación verase forzada a buscar noutros lugares recursos básicos para a alimentación e o desenvolvemento doutras actividades económicas como a pesca e o comercio.
Os pobos da Hélade organiábanse en Polis, cidades estado independentes e só teñen elementos comúns na cultura: lingua, relixión e algúns aspectos da vida cotiá.
A estas culturas, debémoslle, por exemplo, a creación da democracia como forma de goberno.
Roma
Roma creou un imperio baseado no dominio e explotación dos territorios ao redor do Mar Mediterráneo. Desenvolveuse desde os séculos un (I) antes da Era Común e o cinco (V) da Era Común.
Os dous primeiros séculos do Imperio viron un período de estabilidade e prosperidade sen precedentes, coñecido como a Pax Romana. Con todo, o sistema construído por Augusto colapsou durante a crise do século tres (III).
No ano dous centos oitenta e seis (286), nun esforzo por estabilizar ao Imperio, Diocleciano dividiu a administración nun Oriente grego e un Occidente latino. Para este punto Roma xa deixara de ser a capital do Imperio. O Imperio volveuse unir e a separar en diversas ocasións ata que, á morte de Teodosio I no 395, quedou definitivamente dividido en dous.
No catrocentos setenta e seis (476) da Era Común o Imperio Romano de occidente deixa oficialmente de existir.
A continuación o/a mestre/a fará pequenos grupos. En cada grupo deberedes facer unha liña do tempo entre todos na que recollades os feitos máis importantes que recordedes da Prehistoria e da Idade Antiga. Cantos podedes recordar?
A continuación, e logo de ter repasado todo o que xa sabiamos e de poñelo en común, responde ás cuestións deste apartado no teu